Logo da ampla participación acadada en 2010, o certame Minicontos De Luns a Venres Outono celebra a súa segunda edición co fin de continuar fomentando a lingua e a literatura galegas a través dos medios de comunicación. Con este mesmo obxectivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co certame, que promoven o Centro PEN de Galicia e mais o xornal LV. De Luns a Venres.
Este concurso de relatos breves pretende impulsar a presenza da literatura galega nos medios de comunicación, ao tempo que busca achegarlles aos lectores as obras de autoras e autores noveis e consagrados que escriben en galego. Trátase, polo tanto, dunha iniciativa que nace para ampliar os horizontes da lingua e da cultura galegas a través do xornal gratuíto en galego, LV. De Luns a Venres.
As persoas interesadas poden participar no concurso ata o 15 de decembro, día en que remata o prazo de admisión dos relatos. Os traballos, que deberán ser inéditos e estar escritos en galego, non poderán exceder os 1.200 caracteres. O concurso premiará os tres mellores minicontos con tres galardóns: o primeiro dotado con 600 euros, o segundo con 300 euros e o terceiro con 100 euros. Os participantes deberán enviar os seus orixinais ao enderezo electrónico minicontosoutono@l-v.es, ou por correo postal a: LV. Rúa de Fernando de Casas Novoa 35A, 1.º B. 15707. Santiago de Compostela.
Máis información en:
Ningún comentario:
Publicar un comentario