A educación pública é de todos/as e para todos/as, e é a única que pode garantir a igualdade de oportunidades das nosas fillas e fillos na sociedade.
A FANPA e máis as ANPA acordamos facer o día 26 de novembro ás 13.30 h na praza da Peregrina unha concentración apoiando o ensino público en contra dos recortes actuais. A concentración durará aproximadamente 30 minutos, e rematará coa lectura do manifesto envíado aos medios de comunicación.
É importante a presenza de todas as familias. Sen dúbida a unión fai a forza. Non todos os colexios presentan os mesmos problemas pero en xeral hai motivos máis que suficientes para ver que o ensino público tal e como viña sendo sufriu unha merma. Non podemos quedar de brazos cruzados. Adiantémonos para evitar novos recortes.
Invitade á vosa familia a participar coas ANPA nesta primeira concentración xeral de pais e nais. Todos somos responsables do que acontece ou pode acontecer. A educación dos nosos fillos e fillas é responsabilidade dos pais/nais, non só dos mestres/as. Nós defendemos unha educación en valores, integradora, onde todos e todas temos os mesmos dereitos sen ter en conta a clase social, nin os recursos.
TODOS XUNTOS POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA IGUALITARIA E DE CALIDADE!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario