martes, 1 de novembro de 2011

III Xornadas Educación e linguas en Galicia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as III Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego". Desenvolveranse os días 25 e 26 de novembro de 2011 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), cos seguintes obxectivos:
  • Recoñecer a existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega e no ensino, e nos futuros ensinantes en particular.
  • Axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos aos futuros docentes.
  • Aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das linguas.
  • Coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuízos lingüísticos tanto de Galicia coma doutras comunidades.
O prazo de matrícula é do 20 de outubro ao 20 de novembro a través do seguinte enderezo web: https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp. A inscrición é de balde.
Máis información en:
http://www.usc.es/snl/dinamiza/educacionelinguas.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario