O reitor Juan Viaño desbota polo de agora levar ao Goberno Galego aos tribunais, como acaba de facer a Universidade da Coruña. Noriega pídelle a Feijóo unha reunión na que defenderá que a USC é para Santiago tan importante como Citroën para Vigo.
O reitor Juan Viaño mantivo este mércores unha xuntanza co alcalde de
Santiago, Martiño Noriega. O alcalde de Compostela Aberta sumouse a
reinvidicación de maior financiamento para a institución educativa.
Noriega argumentou que a USC é para Compostela como poder ser a fábrica de PSA Citroën para Vigo. Sobre as negociacións coa Xunta ao respecto, Martiño Noriega demandou para esta universidade "un financiamento que permita unha viabilidade digna e acorde co seu peso específico e coa súa traxectoria". O edil informou que pediu unha reunión co presidente do Goberno Galego para tratar este e outros temas, e que agarda sexa en xullo. O concello manifestou a súa “absoluta vontade de acompañar a USC nas súas xustas reivindicacións”,
Cuestionado polo recurso administrativo presentado pola Universidade da Coruña reclamándolle máis diñeiro á Xunta, o reitor santiagués desbotou tomar unha iniciativa similar.
Viaño admitiu que situación finaceira da USC é "mala" pero tamén a cualificou de "estábel". O reitor admite que fixo recortes "moi importantes" que supuxeron un "sacrificio enorme" e non prevé novas medidas deste tipo, aínda que indicou que "é necesario reoganizarse".
Por outra banda, abordouse o futuro da facultade de Ondotoloxía, cuxo traslado parece que xa non é prioritario, condicionado ao artellamento do Campus da Saúde que aglutinará as facultades de Medicina, Odontoloxía e Enfermería.
Neste senso, o alcalde expresou a "vontade facilitadora" do Concello a un proxecto "ambicioso e complexo", que supón "unha aposta pola especialización e por un eixe de forza da USC". Neste sentido, apuntou a necesidade de "reactivar" a mesa a tres bandas entre Concello, Sergas e USC para avanzar na concreción destes equipamentos.
O rexedor compostelán apuntou que se vai estudar o contido do acordo actual, coa intención de "ir cumprindo" o mesmo, xa que afirmou ter constatado incumprimentos por parte do Concello en materias como o mantemento da rede viaria ou exencións fiscais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario