Varias sentenzas do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia anularon dous dos artigos do decreto do
plurilingüismo, polo que a Consellería de Educación tivo que adaptar
esta norma para o próximo curso. O principal cambio é que a lingua
predominante que se utilizará na aula na etapa de infantil non a
determinará o colexio en función da consulta aos pais que se fai ao
comezo deste período educativo, senón que o centro decidirá tomando como
criterio tres factores: a pregunta aos pais, a realidade
sociolingüística da contorna e a garantía da presenza das dúas linguas
cooficiais, galego e castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
Fonte: La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario