O BNG pide á Secretaría de Igualdade "que actúe para que se cumpra a sentenza do TSXG e se anulen os concertos a estes centros"Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento Galego, presentou unha Proposición Non de Lei para o seu debate en Pleno con motivo da anulación destes concertos aos centros que segregan nenos e nenas. Pretenden que a Secretaría xeral de Igualdade, que depende da Vicepresidencia, "actúe de xeito inmediato para que se cumpra a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e se anulen os concertos a estes centros dada a discriminación sexista que supón".
A deputada cualificou de "tomadura de pelo" as declaracións do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, que afirmou que a sentenza "se cumprirá de xeito gradual". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acudíu á Lei Orgániza de Educación para invalidar o financiamento público nos centros de Montecastelo, Alova e Las Acacias en Vigo e Montespiño e Peñarredonda, na Coruña.
"Mentras se manteñen 3 millóns en axudas a centros segregacionistas, suben un 40% as taxas de comedor e eliminase profesorado"Adán lembrou que a supresión dos concertos a este tipo de centros "xa fora decidida polo Goberno bipartito" e que ao retornar o PP ao goberno galego "faltoulle tempo para decidir devolvérllos". A deputada cre que implica "un desprezo das políticas de igualdade o feito de que non se asuma agora unha sentenza que deixa claro que a actual lei de educación, a LOE, prohibe taxativamente a discriminación do alumado por sexo".
O BNG pide que a Secretaria xeral de Igualdade ou o Vicepresidente que "rachen o seu silencio absoluto" e expliquen "se consideran que desde o principio de igualdade e de coeducación pode desoírse esta sentenza". O BNG tamén recordou que mentras se manteñen "3 millóns de euros en concertos con centros segregacionistas suben un 40% as taxas dos comedores escolares ou eliminan profesorado e unidades educativas" o que "mostra a vontade deste goberno, que é absolutamente inadmisíbel".
Ningún comentario:
Publicar un comentario