O que para a Xustiza é incumprir a lei vixente para o Goberno galego non é máis que "educación diferenciada" e por iso segue a concertar aulas con Montespiño e Peñarredonda, na Coruña, e con Montecastelo, Las Acacias e Aloya en Vigo. Dos cinco colexios os catro primeiros están promovidos pola empresa Fomento de Centros de Enseñanza, ligada ao Opus Dei, e o restante, Aloya, pertence á conservadora Asociación Fontenova. Ambas entidades decidiron interpoñer un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG, recurso que agora lle serve á Xunta como xustificación para non retirarlles os fondos públicos.
Catro dos cinco centros subvencionados están ligados ao Opus DeiO gabinete que dirixe Alberto Núñez Feijóo sinala que o ditame do alto tribunal galego "non é firme" e ademais, razoa, a lei de orzamentos xerais do estado "recolle a directriz presente no ordenamento xurídico de inexistencia de prohibición ou limitación constitucional ou legal ao finan ciamento da educación separada por sexo". Nesta apreciación a Xunta pasa por riba da aínda vixente Lei Orgánica de Educación, que, como lembraba o TSXG en marzo, "prohibe tallantemente a discriminación dos alumnos na admisión a centros públicos e concertados", ademais de outorgarlle prioridade aos centros educativos que practiquen a "coeducación".
As axudas a estes colexios contradín a lei educativa vixenteNeste contexto, e cunha lei educativa en trámite -a Lei Wert- que si lles dará sustento legal ás subvencións a centros segregacionistas, a Consellería considera que "o procedente" é seguir a darlles cartos a estes colexios, coa única cautela de "non concertar as unidades de primeiro de educación primaria ou secundaria, segundo o caso, nos citados centros, e si facelo respecto das unidades correspondentes aos segundos e seguintes cursos". O obxectivo, asegura Educación nun comunicado, é "garantir que o alumnado xa escolarizado non sufra alteración ningunha na súa traxectoria educativa e poida rematar os seus estudos nas mesmas condicións coas que as iniciaron", isto é, os nenos por unha banda e as nenas, pola outra. De paso, di a Xunta, "minimízanse" os "posibles efectos o alumnado e nas familias en xeral, á espera do pronunciamento" do Supremo.
O STEG recorrerá de novo
Nada máis coñecer a decisión gobernamental o STEG xa anunciaba a súa intención de "ir de novo aos tribunais para que a sentenza firme, posto que non foi recorrida pola Consellería, sexa cumprida pola Administración". A xuízo da central sindical o Executivo emprega de novo "o dereito a escoller das familias para xustificar políticas afíns ao ideario máis reaccionario deste goberno" aínda que isto "vulnere os dereitos da infancia". Trátase, subliñan, de cumprir a lei xa que o TSXG "non cuestiona a existencia" destes colexios, senón que "poidan acollerse ao sistema de ensino sostido con fondos públicos"."A Xunta incumpre premeditadamente a sentenza", di o STEGA Xunta, censura o STEG, "incumpre premeditadamente a sentenza e aproba os concertos con estes centros por un período de catro anos, cunha orde publicada en período vacacional para que a comunidade educativa non poida reaccionar como se merece esta medida". A decisión, conclúen, "evidencia a liña educativa deste Goberno, que non ten reparos en reducir centos de postos de traballo, investimentos en recursos, libros de texto ou facer pagar para poder comer nos comedores escolares no ensino público co argumento da crise, nin en adicar 3 millóns de euros de todas e todos, para subvencionar a unha empresa educativa contraria ao espírito da coeducación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario