O Goberno galego decidiu suprimir novos concertos tras a última sentenza do
TSXG.
- Educación renova os concertos con colexios que
segregan
Fomento de Centros de Ensino, entidade vinculada ao Opus Dei e titular dos
colexios Peñarredonda, Montecastelo, Montespiño e Las Acacias, recorrerá a
resolución da Xunta pola que se nega o concerto educativo en primeiro de
primaria a estes catro centros que segregan os alumnos en función do seu sexo. O
Goberno galego decidiu suprimir novos concertos tras a última sentenza do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considera ilegais as axudas a estes
colexios. Malia iso, Educación mantén as subvencións nas unidades didácticas que
xa existían o pasado curso. A patronal destes colexios ultrarreligiosos non só
oponse á negativa da Xunta, tamén recorreu ante o Supremo o fallo do Tribunal
Superior.
En declaracións a Europa Press, o director do colexio Montecastelo de Vigo,
José Manuel Rodríguez Lago, defendeu que o fallo do TSXG fai referencia a unha
orde de 2009, e que actualmente o "escenario xurídico cambiou". Recordou que a
Lei de Presupostos di explicitamente que os centros de educación diferenciada
teñen "os mesmos dereitos" a recibir concerto "que calquera outro". E lamentou
que a retirada das axudas públicas prexudique a "os " pais que escolleron ese
colexio" e teñen o dereito fundamental de optar "libremente". O director de
Montecastelo defendeu os "excelentes resultados académicos practicamente o 100%
de aprobados" en exames de selectividade, destes centros que poñen o alumnado
"ás portas da universidade". Os catro centros remitiron un comunicado á prensa
no que manifestan a súa "desconformidade" coa Xunta por unha decisión que
"afecta gravemente ás familias". Recorda que a Constitución "garante o dereito
dos pais a educar os seus fillos segundo as súas propias conviccións" e escoller
o centro "que consideren máis conveniente".
"Respecto á liberdade"
Finalmente, a patronal educativa vinculada ao Opus Dei confía en que a Xunta
"respecte un modelo educativo que contribúe á mellora do sistema", igual que
"noutros aspectos mostrou o seu respecto á liberdade dos cidadáns". Tamén onte,
o PP a través do seu deputado Román Rodríguez reprochou que PSOE e AGE critiquen
"o mesmo sistema de educación diferenciada" vixente en Andalucía, onde gobiernam
socialistas e Esquerda Unida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario