A través de Cartafol (http://www.cartafol.gl/) pódense arrastrar páxinas dunha publicación descargada, visualizar vídeos, interactuar con gráficas, repasar galerías fotográficas ou consultar ficheiros extensos. Todo iso sen ter que permanecer conectado a internet. Tamén aproveita as funcionalidades que proporciona a nova aplicación de edición de textos iBooks Author de Apple e publica un libro revista que emprega un sistema de capítulos para ofrecer unha táboa de contidos.
Pero esta publicación tamén estará adaptada para outras tabletas, incluída Kindle. Deberá así descargar un PDF, que poderá consultar arrastrando as súas páxinas. Este novo medio de comunicación é a evolución doutro nacido hai un ano. Tratábase de Cartafol, o semanario do ensino galego, que se editaba en papel e que agora amplía o seu contido e abandona o seu soporte físico para optar pola opción electrónica e multimedia.
Esta publicación de balde está dirixida polo xornalista Horácio Vixande, está integramente en galego e tamén conta cunha versión en PDF para que poida sen consultada (aínda que sen elementos interactivos, o que tamén permite reducir o seu peso a unha décima parte) por un público maior. Aspira a ter unha periodicidade mensual, aínda que non desbotan pasar a semanal no futuro.
Información tirada das publicacións Galicia Confidencial e Código Cero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario