Nun clima de diálogo franco e cordial, a CGENDL expúxolle a Valentín García a que consideraban urxente necesidade de mudar a política levada até o momento polo seu departamento para que se comecen a executar políticas de normalización lingüística realmente efectivas.
Pola súa banda, Valentín García mostrou a súa vontade de diálogo permanente coa coordinadora, así como o seu apoio ao proceso de normalización da nosa lingua. No apartado de compromisos concretos, afirmou que pretendía intensificar o labor dos coordinadores provinciais da administración no asesoramento aos equipos e que desexaba ter en conta as súas propostas no deseño de xornadas de formación ou nos criterios para a convocatoria de axudas.
Máis información en Galicia Confidencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario