Esta publicación, coordinada por Bieito Silva, Xesús Rodríguez e Isabel Vaquero, compila as intervencións presentadas nas II Xornadas Educación e Linguas en Galicia, que tiveron lugar os días 26 e 27 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela.
A publicación pode descargarse desde aquí e inclúe as seguintes colaboracións:
“A normalización lingüística e a aprendizaxe plurilingüe como metas escolares”, de Bieito Silva Valdivia
“Mudanzas na planificación lingüística nos centros de ensino. O Decreto do plurilingüismo”, de Mercedes Queixas Zas
“A necesaria potenciación da lingua galega en educación infantil nos contextos castelanfalantes”, de Valentina Formoso Gosende e Mercedes Queixas Zas
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «Emilia Pardo Bazán» da Coruña”, de José Manuel García Yanes
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» de Ourense (I)”, de Purificación Rodríguez Rodríguez
“A experiencia das liñas de galego no CEIP «A Ponte» (II)”, de Xosé Rodríguez Díaz
“A experiencia das liñas de galego no EEI da Pastora, Cambados”, de Amelia Varela Villamor e Dolores Oubiña Millán
“Planificación lingüística de centros orientada á normalización”, de Valentina Formoso Gosende
“A planificación lingüística orientada á normalización no colexio público de Aguiño”, de Uxía Acuña
“A planificación lingüística orientada á normalización do CPI «Vicente Otero Valcárcel» de Carral”, de Anxo Gómez Sánchez
“Planificación lingüística orientada tamén á normalización da contorna social”, de Francisco Veiga
“Planificación lingüística orientada á normalización tamén na contorna: A experiencia do IES «Félix Muriel» de Rianxo”, de Valentina Formoso Gosende
“O proxecto «FalaMelide»: A radio escolar como ferramenta para a normalización lingüística e cultural”, de Zeltia Labraña González
“Vantaxes normalizadoras da utilización das redes sociais en educación: a experiencia «Máis Nós»”, de Pilar Ponte Patiño
“Planificación lingüística e proxecto educativo”, de Milagros Couto Llamas
“O colexio «Andaina» e a lingua galega”, de Mª Dores Fernández López
“«Raiola». Proxecto educativo e proxecto lingüístico”, de Beatriz García Turnes
“Planificación lingüística e proxecto educativo: o CEIP de Quintela de Moaña”, de Belén Escariz Ferrín e Isabel Vázquez Rosales.
Información tirada do web da CTNL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario