Logo do peche de varios medios en galego, desde o 1 de febreiro contamos cun novo, Praza Pública, ao que se pode acceder a través de www.praza.com ou http://www.prazapublica.com/.
Praza Pública conta con sete grandes seccións: Política (galega e estatal); Mundo; Movementos sociais, ecoloxía, economía solidaria, consumo; Cultura; Economía; Deportes; e Ciencia e Tecnoloxía e Internet.
A entidade promotora do proxecto é a Fundación Praza Pública, que ten como fin prioritario “o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas”. O núcleo de redacción está formado por Marcos Pérez, Lara Graña e David Lombao. Conta, ademais, coa colaboración dun numeroso grupo de xornalistas e son moitas as persoas que participan na sección de opinión.
Desde o punto de vista tecnolóxico, trátase dun xornal deseñado integramente para o estándar de HTML5, que aproveita todos os recursos dispoñíbeis na rede, e emprega software libre.
Información tirada do web da CTNL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario