mércores, 8 de febreiro de 2012

Concursos de vídeo, manifesto, banda deseñada, Galeoke e Cantalingua para o Correlingua 2012

Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas. O Correlingua comezará o vindeiro 2 de maio en Lugo e percorrerá durante dúas semanas diferentes comarcas do país.
Durante estes meses previos, os centros educativos desenvolverán diferentes actividades lúdico-educativas na aula para introducir a actividade, e o alumnado poderá participar en diferentes concursos (vídeo, música, banda deseñada, elaboración de manifesto e Galeoke). Os prazos para participar nestes concursos xa están abertos.

Concurso de vídeo
Eu falo galego porque... Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados no web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, Twiter...). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.

Concurso de Galeoke
O Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke. Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino.

Concurso para o manifesto
A partir do lema “Galego, todo o que buscas”, o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2012.

Concurso de banda deseñada
Os/As alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema “Galego, todo o que buscas”.

Cantalingua
Concurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego. A información completa sobre esta actividade está no seu propio web.
O resto da información sobre as actividades pode consultarse no web do Correlingua.

Información tirada do web da CTNL.

Ningún comentario:

Publicar un comentario