luns, 4 de abril de 2016

Parar a LOMCE

O Goberno non debe empecinarse en aplicar unha lei que concita o rexeitamento xeral e será derrogada.

Mañá debaterase no Congreso unha proposición de lei do PSOE que insta a derrogación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Por saúde democrática, o Goberno en funcións debería desistir de culminar unha norma que tarde ou cedo será derrogada. Manter o calendario de aplicación previsto supón crear inseguridade xurídica, confusión e graves prexuízos por centos de miles de estudantes e as súas familias. A lei entrou xa parcialmente en vigor, pero fíxoo con tantas dificultades e tan falta de apoio que sumiu á comunidade educativa nun estado de incerteza e desorde sen precedentes. O seu único valedor segue sendo un PP moi diminuído no novo Parlamento e ausente de moitos dos Gobernos rexionais que deben aplicala.
O Goberno non debe empecinarse en aplicar unha reforma que concita o rexeitamento de todos os demais partidos políticos, de 12 das 17 comunidades autónomas e da comunidade educativa ao completo, incluída a Conferencia de Reitores, que pediu que se manteña o sistema de selectividade actual. No curso 2016-2017 deben implantarse, de acordo coa lei, as reválidas previstas ao final de Secundaria e do Bacharelato. Non ten ningún sentido continuar un despregamento que o único que fará é castigar aos alumnos con cambios que non se manterán. De momento, só regulouse a proba externa que en maio deben facer os alumnos de sexto de Primaria (12 anos), pero non está claro como se vai a aplicar, dada a resistencia que ofrecen diversas comunidades autónomas. A incerteza afecta especialmente os alumnos de Bacharelato, que a estas alturas non saben como será a reválida que terán que facer en 2017 en lugar do actual sistema de selectividade, e que outras probas adicionais haberán de superar para acceder á universidade. A lei contempla que estas poidan establecer probas específicas de acceso, pero tampouco están reguladas.
A educación sufriu xa demasiados cambios como para retorcer de novo o sistema de forma tan inútil e gratuíta. Hai que lembrar que a LOMCE foi aprobada en 2013 co único apoio do PP, que entón tiña maioría absoluta e impuxo con tal desprezo polo pluralismo o seu modelo educativo que se negou a aceptar nin unha soa das máis de 900 emendas presentadas. Non deben ser os alumnos os que agora paguen o prezo desa arrogancia política. O sucedido debe servir de lección para que a nova lei xeral educativa fágase co maior consenso posible e libre de partidismos ideolóxicos.

Participa na enquisa sobre acoso escolar de CEAPA

En 5 minutos podes darnos a túa valoración sobre a situación dos problemas de acoso escolar no ámbito educativo do teu centro.
Por iniciativa da CEAPA a nivel de toda España, e apoiada por CONFAPA no ámbito galego, estamos a recoller datos sobre a incidencia do acoso escolar nunha enquisa que se está a distribuír por todo o país. Pola nosa parte procedemos a dixitalizar o proceso de recollida de datos de modo que sexa moito máis fácil de cubrir e de chegar a todas as familias.
A recollida de datos axudará a poder valorar tanto a incidencia coma a calidade das respostas que este delicado problema provoca entre alumnos, familias e centros.
http://fanpa.gal/enquisas/index.php/871331

A edición 2016 de INCUVI-Emprende distingue unha ducia de proxectos innovadores

Este xoves deuse a coñecer a ducia de iniciativas vencedoras da edición 2016 dos premios INCUVI-Emprende e máis as dúas seleccionadas na primeira edición dos INCUVI-Avanza, unha convocatoria para o afianzamento dos proxectos recoñecidos en entregas previas. Segundo fixo saber a Universidade de Vigo na entrega de distincións (facendo reconto), ao longo das cinco edicións anteriores dos premios presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups “de alto valor innovador nos tres campus”. No acto, o reitor Salustiano Mato salientou o potencial da Universidade de Vigo como unha institución académica ateigada de dinamismo e que é quen de axudar a converter en realidade “cousas que poden parecer soños pero que cada día constatamos que son realidade”. Esta é, dixo, a finalidade de INCUVI e, tamén, dos seus galardóns: ser unha fábrica de emprendedoras/es.
Segundo lembrou, na edición 2016 seleccionáronse 18 finalistas, dos que foron elixidos seis proxectos gañadores do Campus de Vigo, catro de Ourense e dous de Pontevedra. Os seus responsábeis, agora, madurarán cadanseus proxectos dende espazos de pre-incubación das sedes INCUVI de Ourense, na Tecnópole; de Pontevedra en AJE; e de Vigo en Cidade Universitaria.
A vicerreitora de Estudantes, Dolores González, foi a encargada de dar a coñecer os gañadores e lembrou que xa na pasada edición acadouse “un dos nosos meirandes fitos: a globalización académica e xeográfica de INCUVI-Emprende, chegando así a todas as áreas de coñecemento e a tódolos centros e titulacións da Universidade de Vigo”.
Campus de Vigo
Indo aos premiados e ás súas propostas, un dos emprendedores recoñecidos foi Alberto Novoa, graduado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, que recolleu o galardón por MyKeeper, unha iniciativa que mediante unha pulseira de xeolocalización e un elemento detector de actividade desenvolve un sistema de vixilancia para enfermos de Alzheimer e doutras patoloxías semellantes.
Outro dos proxectos distinguidos é Macromicologic, unha iniciativa que vai ter o seu centro de operacións na preincubadora da Cidade Universitaria e que se dirixe a achegar servizos relacionados coa micoloxía tales como a avaliación da produción, catalogación de especies, valoración económica do produto, implantación de novas especies, creación de roteiros micoturísticos. Vén da man de Hugo Fernández, graduado en Bioloxía.
Xunto a Mykeeper e Macromicologic, foron premiados tamén os responsábeis das outro catro ideas empresariais con destino vigués: Loop Tronic, centrada na Internet das Cousas; Beleader, unha solución web orientada ao turismo de baixo custe; Blue Lion, relacionada do mundo da moda e do lecer, e Awesome Soft, enfocada ao desenvolvemento e venda en liña de software de lecer.
Campus de Ourense
Rita Carreira recolleu o premio á cooperativa de iniciativa social Brigantia, un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un ocio e tempo libre saudábel “fóra do consumismo,” e onde promover e fomentar “a lingua e a cultura galega”.
Tamén en Ourense terá o seu emprazamento unha empresa de compra-venta de produtos galegos “aínda sen bautizar”, subliñou Sergio Martínez, que explicou que levan xa varios meses traballando nun proxecto comercial enfocado á distribución e comercialización de produtos agrarios de calidade. A estas iniciativas únense, para compartir espazo na Tecnópole, o proxecto Barbook, unha aplicación social enfocada ao sector servizos, e Enviroverde, dirixida á creación de alternativas reais ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos.
Campus de Pontevedra
Na cidade do Lérez o destino destas novas ideas empresariais son os espazos de AJE-Pontevedra, onde se instalarán os impulsores de FreeBee e Lag. “A idea de FreeBee nace para axudar a solucionar a problemática que estamos tendo no sur de Galicia coa vespa velutina, a coñecida vespa asiática”, explicou un dos impulsores da iniciativa, que fixo fincapé en que este proxecto propón o desenvolvemento empresarial dun sistema para a xestión, control e erradicación deste especie na contorna galega.
No caso de Lag, impulsada por dúas graduadas en Belas Artes, o que se propón é unha tenda obradoiro de serigrafía, na que ao alumno-cliente se lle permita a creación e personalización das súas adquisicións.
Afianzamento de Meigalabs e Robotilab
A (primeira) convocatoria INCUVI-Avanza, que responde á necesidade de continuar apoiando proxectos que tralo seu paso pola preincubadora amosaron a súa viabilidade pero están aínda en fase de desenvolvemento, seleccionou dúas startups que resultaron gañadoras na edición 2015: Meigalabs, do Campus de Ourense e Robotilab, de Vigo, que seguirán desenvolvéndose no CITI de Ourense ou no Parque Empresarial de Porto do Molle.
A primeira delas conta xa con máis de 500.000 descargas en todo o mundo do seu videoxogo Corrupt Mayor Clicker. A súa aposta empresarial céntrase no desenvolvemento especializado en servizos de gamificación, apps e videoxogos para plataformas móbiles. A segunda céntrase na robótica educativa e a tecnoloxía entendidos como o medio para que os máis cativos aprendan a resolver problemas de todo tipo.

Unha campaña viral contra o monocultivo do eucalipto fai crer na existencia de coalas en Galicia


JPEG - 119.7 KB
A información comunicada a medios de comunicación incluía referencias a declaracións dunha enxeñeira agrónoma, dunha asesora da Mancomunidade e de veciños, instando a visitar unha páxina de Facebook na que as devanditas declaracións estaban recollidas en vídeo e incluso había algúns documentos gráficos para sustentar a comunicación realizada, conseguindo así viralizar o ruxerruxe que chegou a publicarse por parte da axencia Europa Press e, en consecuencia, en poucas horas apareceu en numerosos medios de comunicación de todo o Estado (El Correo Gallego, El Diario, El Economista, La Vanguardia...) que non contrastaron tan dubidosa información que moitos aceptaban co humor propio da data de hoxe (Primeiro de Abril) e finalmente confirmouse o que moitos sospeitaban: tratábase dunha simpática campaña viral que buscaba concienciar sobre a problemática do monocultivo de eucalipto en Galicia.
Os responsables desta iniciativa lembran que o coala é unha especie que se adaptou ante a proliferación do eucalipto no seu territorio natural, de xeito que agora é capaz de alimentarse de follas de eucalipto, nocivas para a meirande parte de mamíferos, e fan un chamamento aos galegos a non ser coalas. Chaman así coalas aos humanos que involucionan, se conforma e se adaptan, polo que aínda que non existan espécimes de coala en Galicia, si habería moitos coalas humanos, que coa súa aposta polo eucalipto estarían a provocar un empobrecemento do solo galego, un freo a biodiversidade e incluso un factor de risco ante o lume, denunciando que actualmente o eucalipto ocupa máis do 30% da superficie forestal galega, fronte a menos do 2% que ocupa o bosque autóctono.
A acción que fixo crer a existencia de coalas en Galicia foi obra da produtora creativa Illa Bufarda coa colaboración de moitas persoas e numerosos cebos en redes sociais que fixo posible a súa difusión, coa idea de que chegase ao seu apoxeo o Primeiro de Abril, data na que desmenten a información xa que “neste días van os burros, as burras e coalas onde non deben ir”.
Aproveitan a ocasión para agradecer a todos os cidadáns que loitan por un monte mellor e non se converten en coalas.

Esta mañá distribuíuse unha nota de prensa na que a suposta Mancomunidade da Farbuda daba conta de albiscamentos dun coala por parte de veciños da Comarca de Ordes, dos que tiña notificado ao Seprona ante a preocupación veciñal que procurou localizar ao pequeno marsupial propio dos bosques de eucaliptos australianos.

Axudas para os que teñan xornada reducida para coidar fillos

A contía que poden percibir vai dos 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao seu cargo. 

 A Secretaría Xeral de Igualdade vén de convocar as axudas aos traballadores que reducen a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos ou fillas menores de tres anos.
 
Esta liña de axudas ten coma obxectivo apoiar a asunción de responsabilidade familiares por parte dos varóns e contribuír á desaparición dos estereotipos sobre a diferente disposición de homes e mulleres a asumir o coidado dos fillos e fillas menores. As solicitudes poderanse presentar por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.es, e a súa concesión será por orde de entrada.
 
A resolución foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación comeza hoxe, 1 de abril, e estenderase durante un mes.
 
Neste contexto, as axudas de Igualdade supoñen un apoio económico para aqueles traballadores que reduzan a súa xornada laboral a estes efectos, considerando que esta medida favorece tamén a permanencia no mercado laboral das mulleres traballadoras con responsabilidades familiares. Ademais dos varóns, as axudas tamén poden ser solicitadas por familias monoparentais, con independencia de que a persoa responsable da unidade familiar sexa un home ou unha muller.
 
En concreto, poden solicitar as axudas as persoas que se atopasen en situación de redución da xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril 2016, polo coidado de fillos ou fillas biolóxicas ou ben adoptadas ou en situación de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo. O orzamento destas axudas ascende a 440.000 euros, e a contía que poden percibir as persoas beneficiarias vai dos 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao seu cargo.
 
Entre 2009 e 2015 o Goberno galego di que outorgou máis de 3,5 millóns de euros para os traballadores que reduciran a súa xornada laboral, beneficiando a un total de 1.560 persoas.
 
Fomentar a corresponsabilidade
O obxectivo destas subvencións de Igualdade é fomentar a corresponsabilidade e impulsar así o cambio dos roles diferenciados entre mulleres e homes, implicando a estes últimos na atención e o coidado dos seus fillos e fillas".

O 70% da poboación galega concéntrase no 6% do territorio do país

A poboación galega escora cara ao litoral atlántico e ás cidades, deixando practicamente baleiro o resto do país. Así o veñen amosando as sucesivas edicións do censo e mais do padrón e así o acredita a análise que, parroquia a parroquia, realiza o Instituto Galego de Estatística sobre o grao de urbanización, unha variable definida por Eurostat en 2011, adaptada nese mesmo ano polo IGE á realidade parroquial galega e perfeccionada despois pola oficina estatística da UE. Destas melloras nace a nova clasificación, a GU 2016, que amosa un mapa do país no que o 6,2% do territorio acolle a concentración do 67,7% da poboación.
O IGE marcouse o reto de adaptar a nova metodoloxía europea ás "peculiaridades do asentamento poboacional" de Galicia. Para realizar o estudo dividiu o territorio en celas dun quilómetro cadrado que, cruzándoas cos datos censuais, dá lugar a tres grandes categorías: as zonas densamente poboadas (ZDP), isto é, as cidades; as zonas intermedias (ZIP), que se corresponden coas vilas e a súa contorna, e as zonas pouco poboadas (ZPP), áreas de poboación rurais.
O IGE adapta a metodoloxía de Eurostat á división territorial en parroquias
A devandita cuadrícula de celas de 1 quilómetro cadrado, tirada do INE e a información de parroquias do Centro de Estudos do Territorio permitiulle ao IGE identificar os diversos tipos de "conglomerados" nos que se distribúe a poboación galega. Debúxase así un mapa no que as zonas densamente son as parroquias das sete cidades e as zonas intensamente poboadas, as contornas destas e, fóra delas, as áreas do Barbanza e do Salnés, O Morrazo, cinco localidades na Mariña lucense e, no interior, apenas unha decena de núcleos de poboación.
En menos de 1.900 quilómetros cadrados viven case 1,9 millóns de persoas
Así se artella unha distribución poboacional no que as zonas densamente e intensamente poboadas acollen en menos de 1.900 quilómetros cadrados a vida cotiá de practicamente 1,9 millóns de persoas, atendendo aos datos do censo máis recente, o de 2011. Mentres, nos restantes 27.700 quilómetros cadrados do territorio galego viven pouco máis de 890.000 persoas.
Os novos datos achegados polo IGE supoñen unha nova achega que demostra o progresivo despoboamento do rural e, de xeito parello á perda xeral de poboación, a concentración da que fica en torno ao Eixo Atlántico. Practicamente a metade da poboación galega desenvolve xa, atendendo á información oficial máis recente, a súa vida ordinaria nas sete cidades.

Mapa das parroquias galegas segundo o seu grao de urbanización / IGE

"O rural galego moderno e potente non sae nos medios de comunicación"

A creación literaria galega reflectiu a rápida transición, en Galicia, da sociedade rural á urbana. Neste proceso, non se discutiu o lugar no canon de obras como Memorias dun neno labrego mais comezouse a advertir de que, se cadra, pasara o tempo do “ruralismo”, se este se entende como unha visión mitificadora da aldea. As contradicións do rural comezaron a reflectirse na narrativa, nomeadamente a partir dos 90. Neste ronsel sitúase a creación de Manuel Iglesias Turnes, que volve, tras As rapazas de Xan, con Que non te aten. Unha historia de relacións afectivas entre un grupo de mozos e mozas que viven nunha aldea. Contada arredor dunha familia que é dona dunha explotación de gran tamaño, punteira no tecnolóxico. Mostra dese rural "moderno e potente", segundo o autor, que "factura", malia as dificultades actuais cos prezos do leite.
Os protagonistas de Que non te aten son mozos do rural, como o eran os de As rapazas de Xan. Só que os de As rapazas de Xan poderían serían da xeración dos avós dos de Que non te aten.
Si, os protagonistas de Que non te aten poderían ser os netos dos de As rapazas de Xan. Eu ambiento as dúas novelas no rural, que pode chamar a atención porque, claro, case ninguén o fai. Pero penso que a novela transcende o rural. As historias que conta poden ser de interese para a mocidade urbana.

Dicíao porque non hai unha mirada nin romántica, nin folclórica, nin de canto ao rural desaparecido…
Si, non é un tratado sobre os problemas do sector do leite nin nada así, senón un libro moi actual sobre un grupo de mozos que viven no rural, sobre as súas relacións de amor a amizade, cun triángulo amoroso, que é un tema tamén moi novelístico. Son historias moi comúns.
"Non é un tratado sobre os problemas do sector do leite nin nada así, senón un libro moi actual sobre un grupo de mozos que viven no rural"
Dous dos protagonistas de Que non te aten, Andrea e Xaime, teñen algo en común. Son manipuladores, dominantes… Non teñen relación entre eles, pero é como se fose un reverso do outro.
Si. O que fai Xaime recoñecémolo polas novas que os medios de comunicación publican día si e día tamén sobre malos tratos a mulleres. É un home que non atura que a muller que está con el sexa unha persoa libre. Antía é unha executiva, unha muller con poder, que utiliza a manipula a Marcos, desde unha posición de superioridade, ou do que ela cre que o é, pois considera a Marcos inferior. Antía e Xaime parécense, si. Ela compórtase como o faría un home semellante nas súas circunstancias. E, curiosamente, Antía e Xaime son os únicos personaxes da novela que non teñen vacas.
O lugar é Cabanas, ou Cabanelas. Está nas dúas novelas.
É unha aldea que está a quince minutos de Santiago, onde eu nacín. Escribín As rapazas de Xan a partir dos meus recordos da infancia, de cando tiña catro anos. E tiña algo de medo a que as persoas se visen directamente retratadas. Conseguín que non fose así, aínda sendo novato na escrita. Daquela puxen Cabanelas, pero é Cabanas. Volvera ler Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas, e identificábame con Balbino. Eu era un neno que observaba a realidade e distinguía o xusto do inxusto. As rapazas de Xan, que está ambientado no ano 55, deume moitas satisfacción: vai pola cuarta edición, recibo moitos correos…
"As rapazas de Xan, que está ambientado no ano 55, deume moitas satisfacción: vai pola cuarta edición, recibo moitos correos…"
Sara, a compañeira de Marcos, representa como unha posición intermedia entre as mulleres de As rapazas de Xan e as de Que non te aten. É unha rapaza cunha carreira, pero quere ser “unha muller como das de antes”. Quere ter fillos e non servir “só para traballar”.
Hai un cambio grande no papel das mulleres entres As rapazas de Xan e Que non te aten. En Que non te aten, son mulleres licenciadas, máis traballadoras e maduras que os homes da novela. En As rapazas de Xan son mulleres oprimidas pola Igrexa, obrigadas a ir vestidas de negro e coa cabeza tapada, que teñen que ocultar a súa valía e que son postas ao servizo dos homes, que son desprezadas por ter fillos se non están casadas, presionadas pola Igrexa para ter un fillo ao ano… Mulleres asoballadas, que non son como as de Que non te aten: preparadas, cultas…
En canto ao personaxe de Sara, é verdade que a maternidade agora está a atrasarse. É unha característica da sociedade actual: téñense os fillos case á mediana idade. Sara é unha personaxe fundamental, capaz de mediar entre dúas familias rivais. Unha muller que ten as cousas claras. Busca unha estabilidade laboral e familiar. Non quere emigrar nin renunciar a ser nai.
O personaxe de Marcos, o compañeiro de Sara, ten unha certa ambigüidade. Parece que non quere ver o que ten diante. Ao principio xustifica ao seu amigo Xaime. E el mesmo deixa que Antía o manipule.
Os meus personaxes van evolucionando a partir dos primeiros trazos dos que xorden. Cando naceu, o personaxe de Marcos era un tipo inmaturo, inseguro, un pouco egocéntrico, que non tivera problemas grandes. Fixo só o bacharelao, pero ten o seu traballo na granxa de seus pais, nun momento no que moitos licenciados están no paro. Vive ben e non toma decisións. Vano levando a nai, o irmán, Sara… Nalgunhas cousas chámalle a atención a Xaime, pero non se decata do que está pasando. Non é un home de moita reflexión. Non me foi fácil poñerme no seu lugar, porque eu son o contrario. E quería que a novela transmitise uns valores.
"Quero mostrar o rural galego descoñecido, que é moderno e potente"
Que valores son eses?
Quero mostrar o rural galego descoñecido, que é moderno e potente. Ninguén imaxina, por exemplo, que os gandeiros de hoxe, punteiros en moitas cousas, utilizan as mesmas técnicas de reprodución para a gandería que os centros sanitarios. Ese rural galego moderno e potente non sae nos medios de comunicación. Quixen, ademais, mostrar a mocidade que está vinculada a ese rural. Por iso os protagonistas son rapaces de entre 25 e 40 anos. Antes, a esa idade eras considerado adulto con todo o que iso implicaba. Agora é distinto. Ademais, a través dos personaxes de Xaime e Mariña, quero que as mozas máis novas se decaten de que certos comportamentos por parte das súas parellas poden ser o inicio dos malos tratos. E tamén quero entreter o lector. Ademais de reflectir na novela cousas que me impactaron moito, como o das preferentes. Aforradores que foron enganados tiveron que recorrer á xustiza, sen que ninguén no goberno, que si rescatou bancos, dese a cara por eles.
"Quero que as mozas máis novas se decaten de que certos comportamentos por parte das súas parellas poden ser o inicio dos malos tratos"
O dos pais de Marcos tamén é un retrato do rural moi crible. A nai sempre sabe que facer cando hai problemas. Ten moitas veces a última palabra, e é lista e resolutiva. Ao seu home váiselle algo de enerxía pola boca, é un conservador que se define apolítico…
O conservador que se define como apolítico é un tipo que se pode atopar moito na realidade, si. Fala moito, vai de valente, pero a súa muller ten moito máis sentido e madurez, e é unha persoa discreta. As súas razóns son de peso, e por iso, o que di ela, faise.
Os pais estiveran emigrados en Suíza. En As rapazas e Xan estaba a emigración moi presente. Pero non só como busca dunha saída económica. Tamén como xeito de liberarse, de deixar atrás unha sociedade opresiva.
Eu tiña tíos que emigraran a América, e recordo ver de pequeno aquelas fotos de xente ben vestida, mulleres con roupa clara… Hoxe a xente segue emigrando, pero non é o mesmo. Non é ese dramatismo de antes. Hoxe colles un avión e en dúas horas estás de volta na casa. E mantense o contacto por teléfono e con internet. No tempo de As rapazas de Xan, coller o Castromil para Vigo, para alí coller o barco para América, podía supoñer a primeira vez que se tiña sensación de liberdade.
"No tempo de As rapazas de Xan, coller o Castromil para Vigo, para alí coller o barco para América, podía supoñer a primeira vez que se tiña sensación de liberdade"
As rapazas de Xan case non fala directamente de política, pero si que deixa ver ese ambiente opresivo da ditadura. Nunha sociedade moi machista.
Claro. E a xente quería escapar da ditadura, daquel ambiente. Buscaban un mundo mellor. Eu lembro as conversas dos veciños sobre a guerra. No monte de onde eu nacín mataran a cinco persoas. A posguerra está moi presente na novela. Conto, por exemplo, como pechaban a porta para escoitar unha emisora francesa. Ou o caso de Val do Dubra: unhas irmás que foron torturadas para que dixesen onde tiñan o irmán escondido. Todo iso vivino eu. Non lle preguntei a ninguén. Nin foi por documentación. Conto todo como o vivín cando era pequeno. O franquismo estaba presente na miña aldea porque o represor era o crego, que nos facía estar horas e horas na Igrexa pasando frío, e aínda viña pola escola... Cando eu estaba a escribir esta novela, só o sabían a miña muller e o meu fillo. Non era consciente de estar a facer nada que tivese valor literario como para contarllo a máis xente…
"O franquismo estaba presente na miña aldea porque o represor era o crego"
O cura de As rapazas de Xan é un gran controlador e manipulador de mulleres. Nunha sociedade tremendamente clasista, na que el representa o poder. Pero esa mesma sociedade, que critica as nais solteiras, tamén é solidaria con Carmela, á que Rafael, de familia ben, deixara soa. Hai certa rebeldía, niso. Tamén hai un grupo de irmás que lle dan a unha malleira a un home por tentar violar unha delas.
Si, e eu lembro o cura berrándolle á xente na Igrexa. Pero a xente saía da misa e facía o que lle daba a gana. Claro que había rebeldía, e eu tratei de retratar a xente do rural con moita dignidade. Xente que falaba a súa lingua con naturalidade por moito que o crego lle viñese falando a lingua do poder, ou que pon a amistade por enriba dos valores impostos polo franquismo. Carmela dá cun desgraciado, pero os veciños axúdana. A sociedade ía por diante da política do réxime franquista. Que a xente reaccionase a unha agresión, como a da muller que ían violar, con violencia, era unha cousa normal nun contexto no que ninguén ía defenderte. Non podías ir á Garda Civil, porque ía ser aínda peor, e máis se eras pobre. O irmán doutra muller da novela, que fora violada, Dominga, volve de Cuba para facer xustiza pola irmá. Unha muller non podía denunciar que fora violada. A xustiza non existía para elas. Era a xustiza dos ricos, e dos franquistas. E eu falo dos que tiñan o poder, como o crego, e dos asoballados. Tamén dos máis pobres entre os pobres, os pobres de pedir, que ían polas casas a ver se lles daban algo.
"A xente saía da misa e facía o que lle daba a gana. Claro que había rebeldía, e eu tratei de retratar a xente do rural con moita dignidade"
Algo máis?
A primeira novela escribina nunha situación moi complicada, durante a enfermidade da miña muller. Eu escribía e lía. Son autodidacta: nunca fun a un obradoiro de escritura nin nada así.
A que se dedica?
Vendo material xenético para explotacións gandeiras. Son comercial. Para escribir, comezo polo debuxo xeral dos personaxes. Despois un capítulo leva a outro e os personaxes vanse desenvolvendo. Son as dúas novelas moi corais. Non hai palla: quero entreter e enganchar o lector, e que a lectura sexa áxil e rápida. Tampouco llo dou todo pechado. Os finais son abertos.
"Non hai palla: quero entreter e enganchar o lector, e que a lectura sexa áxil e rápida"
En Que non te aten Marcos conta a historia en primeira persoa. En As rapazas de Xan non era esa a técnica narrativa.
En As rapazas de Xan era un narrador que non interviña na trama. En Que non te aten conta a historia Marcos en primeira persoa. É un protagonista do que o lector non namora precisamente. Máis ben queren darlle unhas labazadas. Os tempos das dúas novelas son distintos. Do retrato da miseria total dos anos da posguerra ao rural moderno, que factura moitos cartos, aínda que o momento que vive agora é tremendo, sen apoio político ademais. A crise económica no rural comezou hai ano e medio.

venres, 1 de abril de 2016

Galicia perdeu un 60% de empresas tecnoloxicamente innovadoras nos anos de crise

O país pasou de 2.502 empresas que aplicaron innovacións tecnolóxicas en 2007 a só 997 en 2014. Galicia sitúase como novena comunidade en emprendemento empresarial tecnolóxico.

Galicia contaba no ano 2005 con 2.189 empresas tecnoloxicamente innovadoras. Dous anos despois, en 2007, acadou o seu cénit con 2.502. E chegou a crise económica e, con ela, unha desfeita no sector empresarial, no que a innovación tecnolóxica minguou progresivamente até chegar a mínimos en 2014, con tan só 997 empresas tecnoloxicamente innovadoras, segundo os últimos datos que se poden consultar no Instituto Galego de Estatística (IGE). É dicir, dende o comezo da crise, o país perdeu o 60,1 por cento da súa capacidade innovadora no sector tecnolóxico.
Esta perda de competitividade nos anos de crise foi practicamente a mesma que a media española, que se situou no 60,5 por cento, pasando de 46.877 empresas tecnoloxicamente innovadoras en 2007, a 18.511 no ano 2014.
Destes datos dedúcese unha clara e alarmante perda de competitividade tanto da economía galega como da española, pois a innovación tecnolóxica é unha variable determinante para a a capacidade competitiva dun país.
Empresas tecnoloxicamente innovadoras
Ano España Galicia
2005 47.529 2.189
2006 49.415 2.208
2007 46.877 2.502
2008 42.206 2.152
2009 39.043 2.082
2010 32.041 1.947
2011 27.203 1.643
2012 20.815 1.267
2013 19.370 1.136
2014 18.511 997
Fonte: IGE


Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), as comunidades autónomas que presentaron maiores porcentaxes de empresas con innovacións tecnolóxcas durante o período 2012-2014 foron La Rioja (un 20,7 por cento das súas empresas introduciron innovacións tecnolóxicas neste período), Euskadi (18,9 por cento) e a Comunidad Foral de Navarra (18,0 por cento). Galicia sitúase nun discreto noveno posto, co 13,4 por cento das empresas que innovaron tecnoloxicamente.

II Jornada do encontro de professorado da Galiza e Norte de Portugal,

Promovido pola iniciativa Cultura que Une, decorrerá em Outeiro de Rei o 9 abril
DOCENTES DA GALIZA E PORTUGAL ENCONTRAM-SE NA CASA DE MANUEL MARIA

A segunda jornada do encontro de professorado da Galiza e Norte de Portugal, promovido pola iniciativa Cultura que Une, decorrerá em Outeiro de Rei, no dia 9 de abril.
Cultura que Une é uma associação constituída por diferentes fundações, associações, empresas, agentes culturais e particulares da Galiza e do Norte de Portugal que tem como objetivo aprofundar o reencontro e a redescoberta do património comum, desenvolvendo para este efeito atividades em que a cultura e a atividade empresarial caminham juntas em direção ao mesmo fim: a revalorização da Gallaecia.

Uma das atividades que está já em andamento é o encontro de professorado do ensino básico e secundário da Galiza e Norte de Portugal, para incentivar o conhecimento mútuo, a troca de experiências e os intercâmbios de docentes e discentes.
O trabalho na aula de ‘Bichos’, de Miguel Torga e de ‘Os soños na gaiola’, de Manuel Maria, é o ponto de partida deste projeto, cuja segunda jornada decorrerá no dia 9 de abril, na casa-museu de Manuel Maria, em Outeiro de Rei (Lugo, Galiza).
A primeira sessão do encontro já teve lugar, com grande sucesso, no Espaço Miguel Torga, em Sabrosa (Portugal), no dia 5 de março.
Nesta jornada participaram por volta de vinte docentes de diferentes centros de ensino da Galiza e Portugal, como o IES San Paio (Tui); IES de Valga (Valga); IES Perdouro (Burela); CPI Terras de Maside (Maside); IES O Couto (Ourense); IES Nossa Senhora dos Olhos Grandes (Lugo); Ceip O Ruxidoiro (Barbadás); CPI Virxe da Saleta (S. Cristovo de Cea); Esc. Sec. Camilo Castelo Branco (Vila Real); Escola Sec. S. Pedro (Vila Real); Agrupamento Morgado de Mateus (Vila Real); Escola Diogo Cão (Vila Real); Escola Miguel Torga (Sabrosa).
Reproduzimos a seguir o horário previsto, fazendo notar com que as horas empregues são as locais (i. e., 10:00 h Galiza = 9:00 Portugal).
9 Abril: Casa Museu Manuel Maria – Outeiro de Rei
10:30 Chegada à Casa Manuel Maria
11:00 Apresentação da Casa Museu Manuel Maria com visita guiada e visionamento de
documentário.
12:00 PALESTRA: A importância de Manuel Maria na literatura galega e universal.
13:00 PALESTRA: “Os soños na gaiola”, aplicação na aula. Proposta Didática.
14:00 Almoço – Restaurante
16:30 – 19:30.- Percurso pedestre pela contorna. Leitura de alguns textos alusivos.
20:30 Regresso

O proxecto Táctica presenta os seus resultados tras investir 8 millóns

Tras tres anos de investigacións con fondos da UE, deseñou aplicacións para saúde, drones e automoción.

Táctica, o primeiro macroproxecto centrado na investigación e desenvolvemento das TIC en Galicia, presentou hoxe, nunha xornada dirixida ás empresas do sector, os resultados acadados nas súas dez liñas de investigación. Xurdido da man do Centro de Investigación AtlantTIC como eixo para potenciar o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia arredor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Táctica contou cun investimento de oito millóns de euros achegados polo Ministerio de Economía e Competitividad e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER. Tras dous anos de traballo en I+D+i aplicada no seo da EE de Telecomunicación, en colaboración con centros e universidades nacionais e internacionais, AtlantTIC afirma aque pechou o proxecto con resultados de gran valor para a industria, como son probas reais para a utilización de drones para uso civil, a análise da información e contidos na nube ou a definición da tecnoloxía 5G.

cfa240bb15d400f5428a01b2efef9e07_400x400
A partir da transversalidade da aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación aos diferentes sectores industriais, Táctica desenvolveu tecnoloxías e ferramentas aptas, tanto para a industria das comunicacións satelitais, o sector da automoción, o ámbito da saúde ou sanitario, así como instrumentos de mellora dos servizos que ofrecen ás empresas, como análise forense de contidos multimedia e seguridade da privacidade dos usuarios, análise de opinión en redes sociais, optimización do uso das redes grazas ás plataformas SDN ou a indexación e busca de contidos multimedia.
Entre os resultados presentados por Táctica está o desenvolvemento dunha plataforma SDR aplicada en comunicacións vía satélite desde un avión pilotado por control remoto, RPAs, que mellora os sistemas de comunicación vía satélite para escenarios de mobilidade no ámbito civil con drones, vehículos, avións e barcos, mediante o desenvolvemento de algoritmos de adaptación de enlace, que permite adecuar as transmisión ás condicións nas que atopa a canle. Redúcese así a inercia doutros sistemas xa existentes, mellorando a fiabilidade na comunicación nas diferentes condicións de operación e acadando unha maior velocidade de transmisión.
BlueHeart permite monitorizar a pacientes que acaban de sufrir un infarto
Outro dos resultados destacados por Táctica é o traballo en redes futuras de 5G, que se agarda empecen a implantarse no ano 2020. Estas redes teñen aplicacións nás áreas da saúde, automoción ou a enerxía, centrándose as investigacións de AtlantTIC no desenvolvemento da teconoloxía de comunicación na banda milimétrica, ademais dunha aplicación concreta en sistemas de comunicacións vehiculares e radar para automoción. No ámbito da saúde, déronse a coñecer varias ferramentas centradas en facilitar o día a día de pacientes e de profesionais. Por unha banda, presentouse a aplicación BlueHeart, unha ferramenta portátil, desenvolvida para Android, destinada á monitorización de pacientes que acaban de sufrir un infarto. Outra das aplicacións céntrase en monitorizar a calidade e trazabilidade de procesos hospitalarios e coidado de pacientes. MyCareClan, pola súa banda, é unha aplicación móbil, implementada para dispositivos iOS e Android, baseada nos conceptos de adherencia médica e cuantificación persoal, é dicir, como un paciente pode participar activamente para cumprir co plan terapéutico acordado previamente co seu médico.
A análise de Cloud Media foi outro dos resultados sobre os que se afondou na evaluación final de Táctica. Trátase dunha liña de traballo centrada no estudo da problemática do soporte, procesado e análise de grandes cantidades de información na nube, principalmente información multimedia, así como o desenvolvemento dunha solución automatizada de análise de opinión para redes sociais, que ten un motor analítico de última xeración e está integrada na plataforma Big Data preparada para o seu despregue escalable na nube.
En seguridade, Táctica desenvolveu ferramentas para análise forense de imaxe e vídeo
En relación cos contidos multimedia, os investigadores de AtlantTIC presentaron a plataforma web desenvolvida para a realización de buscas avanzadas de contidos audiovisuais, de tal xeito, que se poda asociar automaticamente información con contidos e describilos nunha nube de tags. A ferramenta permite detectar e identificar conceptos, palabras e persoas a través do contido do propio arquivo, non só mediante o título ou os tags cos que se identificou un documento.
O desenvolvemento de ferramentas que permiten a análise forense de imaxe e vídeo, podendo detectar arquivos manipulados ou identificar fontes de imaxe e vídeo, foi outra das investigacións presentadas hoxe, nunha sesión na que tamén se amosaron os avances desenvolvidos en seguridade multimedia, concretamente ne procesado de sinal no dominio cifrado ou SPED. Dentro do ámbito detección e seguimento de fenómenos meteorolóxicos, amosouse as capacidades do algoritmo 3PoID, desenvolvido por investigadores de AtlantTIC, que mellora a precisión dos datos obtidos por radares doppler, permitindo unha maior anticipación das previsións e realizalas de xeito máis seguro e fiable.
Finalmente amosáronse os resultados obtidos na identificación da pegada espectral de diversos materiais en frecuencias de terahercios, así como a posibilidade de realizar unha identificación e detección de elementos estraños a certa distancia, ademais esta frecuencia non é ionizante, polo que non supón ningún risco para a saúde. Esta aplicación é válida para seguridade (detección de armas ou explosivos), no ámbito da saúde ou na industria alimentaria e farmacéutica e para a caracterización de materiais, entre outros.

As patentes universitarias dispáranse, pese ao recorte en investigación

O 'ránking' universitario da Fundación BBVA mostra o despegamento nos centros públicos.

Desde que estalou a crise económica as universidades públicas han visto moi decimado o seu orzamento en investigación e, con todo, a súa trasferencia de coñecemento (pacientes ou convenios con empresas) non deixa de crecer. Tanto, que entre o 2013 e o 2016 esta trasmisión de saberes subiu nos campus un 22%, mentres que a investigación resentíase un 2% e a calidade da docencia melloraba un 7%. Así o indican os parámetros utilizados polo informe Ou-Ránking, unha clasificación que cada ano publica o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE) en colaboración coa Fundación BBVA e que se presentou este xoves.
O IVIE tivo en conta nos seus parámetros os ingresos por patentes e o seu número, os ingresos por contratos de asesoramento ou pola oferta de formación continua. Tamén valorou a internacionalización que se reflicte mediante as patentes triádicas (válidas en Europa, Estados Unidos e Xapón) e os ingresos por contratos internacionais.
Fronte a este despegamento en patentes das universidades públicas, os centros privados, que destacan en docencia (un 8% por encima da media, aínda que hai moita heteroxeneidade entre eles), son moi débiles en investigación (un 36% por baixo) e en innovación e desenvolvemento tecnolóxico (un 7% por detrás da media). Unha das condicións esixidas polo Ministerio de Educación para fundar un campus novo é que teña actividade investigadora, que non sexa unhas meras trasmisoras de coñecemento. Pero a súa implicación recibe un suspenso.
"En que medida esta tendencia [o aumento das patentes] débase á complexa situación económica vivida nos anos analizados e sexa ou non froito das medidas de contención do gasto, só poderá saberse con maior perspectiva temporal", escriben Francisco Pérez e Joaquín Aldás, coautores do estudo. "E, sobre todo, vendo como reacciona o índice ante un cambio do contexto económico cando este prodúzase. Esta será a pedra de toque para avaliar canto hai de estrutural e canto de cíclico nesta tendencia".
Un ano máis a Universidade Pompeu Fabra de Barcelona sitúase como o mellor campus español, combinando todos os parámetros. Pero se se valora unicamente a investigación, supéralle a Autónoma de Barcelona. E se é a innovación, por encima están as politécnicas de Cataluña, Valencia e Madrid.
As grandes universidades metropolitanas de Barcelona, Madrid e Valencia están tamén moi ben situadas e a contorna favorece alí a investigación. Son rexións ricas nas que se aposta pola universidade e a competencia entre campus mellora os seus resultados.
Boas valoracións conseguen o que se denominan "novas universidades investigadoras", como a Rovira i Virgili, a Jaume I ou a de Illes Balears. Naceron na súa maioría nos anos 90 e contan cun profesorado con redes internacionais extensas. Cumpren o expediente as "universidades rexionais xeneralistas" (Sevilla, Santiago ou Salamanca) localizadas en comunidades cun PIB per cápita modesto, pero cunha longa tradición histórica.

Um audiovisual contra o assédio escolar no IES Marco do Cambalhom

Hoje apresentou-se umha curta contra o acoso  realizada no IES Marco do Cambalhom de Vila de Cruzes pola Equipa de Normalizaçom Linguística/Clube da Linguae o coletivo de humor na rede social Canto Galpón.

O guióm da curtametragem foi elaborado por umha equipa conformada por alunado e professorado do IES de Vila de Cruzes e a realizaçom artística é de Nerea Fiúza e Adela Otero, ademais tamém participarom os exalunos Vitor Pinheiro e Juan Salgado.
A curtametragem pretende sensibilizar à comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pom a sua atençom no campo das agressons verbais, insultos, prejuiços e discriminaçons. Co lema "Nom olhes a outro lado", a peça contou com a participaçom no guióm e na interpretaçom do Clube da Língua.
Canto Galpón é um coletivo de humor na internet formado por gente nova de Vila de Cruzes, exalunado do IES Marco do Cambalhom.  Entre as suas creaçons audiovisuais está a minisérie de humor “Frases galegas”, co senhor do petilho como protagonista. A sua página http://cantoghalpon.gal/ nasce como a primeira página de memes em galego e é um dos projetos de humor  mais visitados nas redes sociais. 
Este projeto é o resultado da implicaçom  do Clube da Língua-Equipa de Normalizaçom no processo de elaboraçom do Plano de Conivência do IES Marco do Cambalhom impulsado pola própria comunidade escolar. Estíma-se que um 7% do alunado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participaçom do alunado na resoluçom de conflitos relacionados com este tema de violéncia entre iguais.
https://youtu.be/qwlVen1dPHQ

Os nosos centros tecnolóxicos queren impulsar a fórmula (infalíbel) do coñecemento

Este 29 de marzo celebrouse en Compostela o Foro Universidade, Coñecemento e Desenvolvemento Intelixente, organizado polo Grupo Correo Gallego e co obxectivo fundamental de “defender a contribución da universidade galega ao desenvolvemento económico e tecnolóxico baseado no coñecemento”. No encontro participaron, entre outros relatores, o coordinador do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC), Manuel González Penedo, o director do CIMUS, Carlos Diéguez González, o director de Gradiant, Luis Pérez Freire, e a responsábel de Innovación de Nanogap, Eldara Rodríguez Cobo. Todos eles interviñeron, moderados por Manuel Varela (director de Axencia Galega de Innovación), na segunda mesa redonda da xornada, que versou sobre as Prioridades e retos para impulsar un desenvolvemento en Galicia baseado no coñecemento.
González Penedo salientou a esencia do CITIC como “un centro tecnolóxico que desde os seus inicios buscou sinerxías co sector produtivo, xa sexa privado ou institucional, e que non se centra unicamente na transferencia senón que tamén existe unha forte aposta pola investigación básica”.
A inauguración do acto correu a cargo de Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen afirmou que “as grandes revolucións tecnolóxicas acontecidas durante o pasado século e o presente teñen como principal protagonista a universidade”. Acompañoulle José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.
A continuación tivo lugar a primeira das dúas mesas redondas, desenvolvida baixo o epígrafe Características e activos da investigación universitaria: a programación estratéxica do SUG, na que participaron Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Isabel Rodríguez-Moldes, vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC e Coordinador do Campus Terra, e Javier Pereiro, director xerente do FEUGA.
Os relatores falaron entre outras cousas sobre o investimento destinado a investigación na nosa terra, tanto por parte do Estado como por parte das empresas privadas, salientando “a necesidade de promover unha cultura emprendedora e novos modelos de financiamento”.
Patrocinio Morrondo Pelayo, presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), foi a encargada de clausurar a xornada.

Día das Artes Galegas: despois do Mestre Mateo, Castelao

Mañá 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, instaurado o pasado ano pola Academia Galega de Belas Artes que, neste segundo que se celebra, llo dedica ao rianxeiro. 

A Academia Galega de Belas Artes decidiu o ano pasado, que foi dedicado ao Mestre Mateo, que neste 2016 o homenaxeado fora Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuxa candidatura superou a pintores como Laxeiro ou Carlos Maside.
A celebración abre mañá 1 de abril coa inauguración cun acto oficial ás 19 horas coa presenza das autoridades no Museo de Pontevedra, e logo procederase á inauguración da exposición 'Castelao artista'.
O sábado corresponderalle o protagonismo a Rianxo, a localidade natal do autor, que acollerá ás 12.30 horas un acto público e unha conferencia do debuxante Miguelanxo Prado sobre “Castelao Artista” no Auditorio Municipal da vila.
O 1 de abril en Pontevedra haberá un acto oficial e inaugurarase unha exposición no Museo de Pontevedra titulada 'Castelao artista'
A Deputación de Pontevedra leva o liderado desta celebración, coa organización de dúas exposicións, e moitas actividades esparexidas pola provincia. Ademais, a Deputación de Lugo tamén acolle teatro, conferencias e obradoiros sobre o tema.
Por que o 1 de abril?
A imaxe e semellanza do Día das Letras, a Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril para homenaxear os artistas galegos en memoria desa mesma xornada do ano 1188, data na que se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo. O sistema de elección é similar ao da RAG, podendo elixir soamente a artistas que leven mortos un mínimo de 10 anos.