luns, 9 de xuño de 2014

Os sindicatos acusan a Educación de "desprezar o profesorado" e abandonan a mesa de negociación

Todas as organizacións sindicais do ensino con representación na Mesa Sectorial docente: CIG-Ensino, CCOO-Ensino, FETE-UGT e ANPE, abandonaron este xoves a reunión acusando a Consellaría de Educación de "desprezar" o profesorado galego e de "vulnerar as canles de negociación legalmente establecidas".
Cren que a Consellaría convocou a Mesa Sectorial "para cumprir cos trámites preceptivos, sen a vontade real de recoller ningunha das propostas"
A representación de mestres e mestras considera que a Consellaría "como xa fixo no seu día co Decreto de Comedores Escolares", convocou a Mesa Sectorial "para cumprir cos trámites preceptivos, sen a vontade real de recoller ningunha das propostas das organizacións sindicais, e sen dar apenas tempo para analizar e debater os Currículos de Primaria e FP Básica". Na xuntanza, os sindicatos esixiron que se convocase unha nova Mesa na que, con tempo suficiente, se tratasen os devanditos Currículos e que, unha vez realizada a Mesa, o texto resultante se remitise para o seu tratamento ao Consello Escolar de Galicia, que ditaminaría sobre o texto.
Para os sindicatos, isto evidencia "a improvisación e o despropósito máis absolutos en relación coa aplicación da LOMCE, pois estes currículos teñen que se aplicar para o curso que vén, cando malamente van estar publicados días antes do inicio de setembro"
Para os mestres e mestras, o desprezo da Consellaría ás canles de negociación demóstrase no feito de que antes de se realizar esta Mesa a Consellaría xa ten convocado o Consello Escolar para tratar ambos os currículos. No caso de FP Básica a Permanente do Consello Escolar de Galicia xa emitiu ditame, e no de Primaria solicita as emendas sobre un texto que aínda non foi negociado na Mesa Sectorial. Isto significa para os sindicatos que non se terán en conta ningunha das achegas realizadas polas organizacións.
Para os sindicatos, isto evidencia "a improvisación e o despropósito máis absolutos en relación coa aplicación da LOMCE, pois estes currículos teñen que se aplicar para o curso que vén, cando malamente van estar publicados días antes do inicio de setembro". Ante esta situación, sinalan, "o máis sensato sería adiar a aplicación da LOMCE", mais a Consellaría de Educación, din, "está máis interesada en facer seguidismo do Ministerio de Educación, ca en velar polo bo funcionamento do Sistema Educativo Galego".

Marxinación do galego na FP

"Ao non existir practicamente materiais en galego, esta lingua segue ocupando un lugar marxinal nestas ensinanzas"
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) remitiulle este xoves unha carta a Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, alertando da "marxinación da lingua galega nas ensinanzas de FP". A CGENDL lembra que o Decreto de 2010, que garantía un mínimo dun 50% de enisno en galego na FP, "non se está a aplicar na realidade posto que a Consellería nunca realizou un reparto de linguas por módulos na FP e, ao non existir practicamente materiais en galego, esta lingua segue ocupando un lugar marxinal nestas ensinanzas".
Ademais, estas carencias súmanse "á disponibilidade unicamente en castelán dos materiais na modalidade de FP a distancia" e "á ausencia de contidos referidos á realidade galega e ao uso vehicular do idioma, entre outros aspectos, no Borrador do Decreto que regula a FPBásica".

Ningún comentario:

Publicar un comentario