FONTE: XUNTA DE GALICIA
O texto será enviado aos
sindicatos do ensino e demais órganos de participación para recoller as
propostas construtivas de cara ao seu enriquecemento

FP Básica, unha mellora cualitativa
No que atinxe á FP Básica, que substituirá aos actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), terá unha duración de 2 cursos académicos, con 2.000 horas de formación, o que supón unha oferta máis completa respecto da existente ata este curso.Así, ademais dos módulos profesionais específicos de Formación Profesional, haberá módulos comúns para toda a FP Básica, como o de Comunicación e sociedade –que inclúe Lingua galega e castelá, Lingua estranxeira e Ciencias sociais–, de Ciencias aplicadas –que abrangue Matemáticas e Ciencias–; así como formación en centros de traballo (FCT).
Cómpre lembrar que os novos estudantes da FP Básica acadarán ao remate dos seus estudos un título oficial que lles permitirá a súa inserción profesional, o que implica unha importante mellora cualitativa respecto dos PCPI.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará no borrador os 21 anexos propostos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. En concreto, estes anexos corresponden a 14 títulos xa publicados e a 7 que, segundo informa o departamento ministerial, se incluirán en breve na oferta curricular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario