mércores, 11 de xuño de 2014

A Plataforma Estatal pola Escola Pública chama ás súas asembleas autonómicas a elevar propostas contra a LOMCE

A Plataforma Estatal pola Escola Pública chamou este martes ás súas asembleas autonómicas a reunirse para traballar propostas de mobilización e actuacións contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) de cara a consensuar un calendario para os próximos meses.
Nun comunicado, anima aos nódulos locais, comarcais ou autonómicos a elaborar achegas e remitilas á dirección da Plataforma "tan pronto como sexa posible" de cara a "realizar unha análise conxunta do realizado e de poder deseñar entre todos un calendario de mobilizacións para os próximos meses, encamiñado a seguir defendendo a educación pública,".

Ningún comentario:

Publicar un comentario