luns, 21 de setembro de 2015

25 mozos participan no proxecto Estalmat-Galicia para impulsar o talento matemático

Dez rapazas e quince rapaces nados en 2002 e 2003 son os seleccionados para a nova promoción do proxecto Estalmat-Galicia, unha iniciativa que busca estimular o talento matemático entre os adolescentes e que este ano acada a súa novena edición. Maña,19 de setembro, preséntase a nova promoción cunha sesión de benvida ás 10.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.  A selección dos participantes realizouse a través dunh proba o pasado mes de xuño. Participaron 323 estudantes de toda Galicia.
Entre as novas actividades programadas para este curso está a participación dos estudantes nun encontro con membros da promoción de Estalmat-Galicia 2010 ou a realización da cuarta iteración da alfombra de Sierpinski.
Máis información no seguinte enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario