mércores, 15 de outubro de 2014

Recortes en educación: Filas baleiras nas universidades para denunciar a ausencia estudantes por non poder pagar os seus estudos

  • A iniciativa, promovida por estudantes universitarios, propón deixar baleiras as primeiras filas das aulas con carteis co hashtag #Faltan45000.
  • Con iso preténdese denunciar "as subas de taxas universitarias" nos últimos dous anos, que "propiciaron esta redución" do alumnado.

 Este mércores, estudantes universitarios, con apoio da plataforma Xuventude Sin Futuro, lanzarán a campaña Faltan 45.000 para denunciar a perda desta cifra de alumnos nos dous últimos cursos nas universidades públicas de España. A iniciativa propón deixar baleiras as primeiras filas das clases con carteis co hastag "#Faltan45000".

Con iso, os promotores da protesta queren denunciar "as sucesivas subas de taxas universitarias nos cursos 2011-2012 e 2012-2013 que propiciaron esta redución nas matriculacións así como o endebedamento no que se viron numerosas familias".

Dende o grupo estudantil que lanza a campaña sinalouse este martes que a orixe desta iniciativa é que "non" se pode consentir que falten 45.000 estudantes na aulas ". Reivindican así unha universidade pública alcanzable a todo o mundo e a busca dun procedemento para a volta daquelas persoas que se viron obrigadas a abandonala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario