mércores, 22 de outubro de 2014

Agolada concede axudas a familias para comprar material escolar

A xunta de goberno local de Agolada aprobou onte a concesión de axudas a unha decena de alumnos, cuxas familias atravesan por un difícil momento económico, para que os mozos poidan adquirir material escolar. O departamento de Servizos Sociais elaborou, de forma previa, un informe sobre as familias que necesitaban este tipo de apoio económico. Por tanto, Agolada non convocará as axudas, tal e como se fixo noutros municipios como Lalín e Silleda, senón que expide os importes de forma directa. A contía que se lle concederá a cada alumnos beneficiario oscila entre os 30 e os 200 euros.
Durante a xunta de goberno tamén se abordaron outras cuestións como obras a xustificar dentro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (Pusim) 2014 ou a subministración de materiais para acometer o bacheo de varias pistas de titularidade municipal. Debateuse, por último, un informe de Intervención sobre a realización de pagos pendentes desde fai varios exercicios e que xa prescribiron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario