xoves, 28 de agosto de 2014

O STEPV impulsa mobilizacións contra a LOMCE e os recortes

O sindicato maioritario do ensino comezará as protestas o tres de setembro

O sindicato STEPV anunciou este mércores mobilizacións para o curso escolar 2014-2015 contra a aplicación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e os recortes. As accións previstas arrancan á vez que a conmemoración do día mundial do docente, o seis de outubro, con concentracións en todos os centros educativos, para seguir cunha folga de profesores, o 23 de outubro, e a participación o 27 de novembro no día de loita pola educación pública dentro da semana de loita das Marchas da Dignidade.
"O curso escolar 2014-15 comeza cos mesmos problemas endémicos do sistema educativo valenciano causado polos 23 anos de goberno do PP e os derivados das políticas de recortes e da aplicación da LOMCE", manifesta o sindicato maioritario do ensino nun comunicado.
Asegura que nos encontramos un curso máis con aulas masificadas, aumento das ratios, desvío do alumnado cara ao ensino privado, barracóns, diminución do profesorado e despedimento de interinos", entre outros problemas. Todo iso sumado "á aplicación da Lomce sen tempo real de facelo e un avance, claramente inxustificado e populista, do inicio das clases".
Por outra parte, o sindicato súmase ás mobilizacións presentadas pola Plataforma per l'Ensenyament Públic para os días dous e tres de setembro, coa inauguración do curso, pola escola pública, e concentracións nas portas dos centros educativos.
Tamén asumiu as propostas acordadas nas xornadas das Nais pola Educación Pública que se concretan na campaña "12 meses, 12 causas," dúas mobilizacións en outubro e maio e medidas para a "inaplicación" da Lomce.

Ningún comentario:

Publicar un comentario