venres, 29 de agosto de 2014

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
Pola súa banda, os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Para o acceso ao contido da orde prémase aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario