O STEG considera que o ditame "supón un novo golpe para a proposta contrarreforma educativa da que é responsable o Ministro Wert" e "valida as críticas de que a LOMCE é unha proposta de partido, ideolóxica e non negociada nin consensuada"O STEG sinala que o Consello de Estado "pide que se acade un acordo coas forzas políticas e sociais para dar estabilidade ao sistema xa que este anteproxecto conseguiu o rexeitamento de todas as organizacións representativas da comunidade educativa do ensino público, así como da maioría de partidos con representación parlamentaria, pois non houbo nin negociación nin acordo". No apartado de financiamento o Consello de Estado observa unha “insuficiencia da valoración económica que suporá a súa aprobación”, ao mesmo tempo que pide ao Ministro que publique “os custos efectivos do anteproyecto de Lei e a fixación dos compromisos no tempo para o seu financiamento”.
En canto ás materias, o ditame propón que se volva a fixar o estatuto e horario das ensinanzas artísticas e do segundo idioma estranxeiro en Primaria, sendo de oferta obrigatoria para os centros; e que volva ser de oferta obrigatoria a Educación Artística, a Música, a Tecnoloxía, o segundo Idioma Estranxeiro e a Cultura Clásica na Educación Secundaria. De igual xeito reclama unha materia relativa á formación ético-cívica, sinalando á Educación para a Cidadanía, tanto en Primaria como en Secundaria, eliminada polo goberno. Tamén cuestiona que o ensino da relixión teña unha alternativa obrigatoria como propón o anteproyecto de Lei, "pois, tal e como dixo o Tribunal Supremo, de ser así, o alumnado de relixión non estudaría nunca competencias cívicas e sociais", afirma o sindicato.
O informe propón que sexan as Consellerías de Educación dos distintos territorios as que determinen a porcentaxe que debe darse no uso das dúas linguas no ensinoO Consello de Estado tampouco comparte a contrarreforma que se propón no tema do ensino das linguas cooficiais, propoñendo que sexan as Consellerías de Educación dos distintos territorios as que determinen a porcentaxe que debe darse no uso das dúas linguas no ensino, e rexeita que se deban pagar clases en castelán ao alumnado que o demande. "E dicir, propón validar o modelo actual", destaca o STEG.
Con respecto ás reválidas insta a que sexa o propio profesorado do centro quen as faga e denuncia o stress infantil que poden supoñer a proliferación de reválidas na Educación Primaria. Tamén cuestiona a posibilidade que se abre de que as universidades poidan facer probas específicas, "xa que a súa posta en marcha suporía acabar coa equidade no acceso ao ensino superior".
Con respecto a segregación en razón do sexo, o Consello recoñece que o sistema de coeducación ou educación mixta constituíu “un avance no tratamento da igualdade de xénero que é constitutivo da democracia”Pide que se volva ao que marca a normativa vixente en canto a distribución de competencias entre as comunidades e o Estado no relativo ao deseño do currículum, volvendo ao 55/65% en función de se teñen lingua propia ou non, cualificando de “incoherente” a distribución que se propón na LOMCE.
Con respecto a segregación en razón do sexo, o Consello recoñece que o sistema de coeducación ou educación mixta constituíu “un avance no tratamento da igualdade de xénero que é constitutivo da democracia” e recoñece que os centros concertados non teñen un dereito “incondicionado” ao financiamento público.
CIG-Ensino cre "abusivos" os servizos mínimos fixados por Educación para a folga do 9 de maio
Este xoves 2 de maio tivo lugar unha reunión coa Consellería de
Educación co obxecto de negociar os servizos mínimos para a folga do
ensino do día 9 de maio. A CIG-Ensino considera a proposta
presentada pola administración é "arbitraria e desproporcionada" e
entende que "non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga
do conxunto do persoal que traballa para Educación". Non foi
posíbel chegar a un acordo negociado, segundo o sindicato, "xa que a
proposta da Consellaría é a mesma que para a folga do 14 de novembro e
supera os servizos mínimos de folgas anteriores".
A CIG-Ensino considera a proposta presentada pola administración é "arbitraria e desproporcionada" e entende que "non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para Educación"A Consellaría só aceptou a proposta de suprimir “un directivo docente en cada facultade ou escola nos que estea autorizada a realización de exames porque xa hai unha sentenza gañada pola CIG que recoñece abusiva esta proposta". Para a CIG-Ensino resulta "especialmente grave" que a Xunta "teime en conculcar dereitos fundamentais de xeito reiterado" xa que impide exercer o dereito a folga ao profesorado das unitarias malia o auto do 19 de xuño de 2002 da sala do contencioso-administrativo do TSXG que di: “enténdese que os servizos mínimos que hai que fixar para o período de folga convocado non poderán exceder en cada centro, departamento ou oficina, do número de persoas que normalmente permanecen neles con ocasión dun domingo ou día festivo, salvo que se trate de órganos que tales días permanecen pechados, no que haberá que atenderse ás quendas establecidas para os sábados”.
Para a CIG-Ensino resulta "especialmente grave" que a Xunta "teime en conculcar dereitos fundamentais de xeito reiterado"Segundo CIG-Ensino, "de cumprirse o estabelecido polo alto tribunal galego, se todo o profesorado secunda a folga, ningún centro debería estar en funcionamento o día 9 de novembro posto que nas fins de semana as escolas permanecen pechadas". Ademais, a CIG-Ensino considera especialmente "intolerábel que a Xunta volva privar dos seus dereitos ao persoal das escolar unitarias, e en boa medida dos coidadores/as e subalternos/as, xa que obriga á presenza dalgún/ha membro docente naqueles centros con menos de seis unidades".
Ningún comentario:
Publicar un comentario