A CIG-Ensino afirma que a Consellería de Educación “negouse
taxativamente” a que no apartado das conmemoracións do calendario
escolar apareza como data a celebrar o Día de Rosalía, 24 de febreiro.
Mais no calendario si aparece o día dos Dereitos do consumidor.
A central nacionalista entende que “só nunha permanente actitude de
rexeitamento de todo o relacionado coa nosa lingua, nunha negativa a
potenciar o uso do noso idioma, no autoodio podemos explicar esta
actitude de Educación”
Horario excesivo
Noutra orde de cousas, a CIG-Ensino propuxo que o curso escolar
comezase os días 12 e 17 de setembro e lembroulle á administración que
na Galiza hai un horario escolar que “supera en moitas horas o de países
que sempre se sitúan como modelos en materia de Educación. De acordo
cos datos que figuran na propia páxina do MEC, en Galiza o alumnado de
Secundaria ten 1050 horas lectivas, fronte ás 868 de Finlandia, as 983
de Francia e as 973 de Alemaña. En Primaria tamén o alumnado galego, con
875 horas, supera as 621 de Finlandia, as 714 de Alemaña e mesmo as 872
de Francia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario