mércores, 1 de xuño de 2011

Subliñan a necesidade da presenza viva do idioma galego no mundo da ciencia e da técnica

A necesidade inescusable da presenza do idioma galego no mundo da ciencia e da técnica foi o fío condutor da xornada Escribir de Ciencia en Galego, que tivo lugar no Consello da Cultura Galega. Non se trata de competir coa lingua franca actual, o inglés, no campo das revistas especializadas, pero si de aproveitar as posibilidades das publicacións divulgativas e pedagóxicas. Organizado pola Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, que coordina Francisco Díaz-Fierros, o encontro serviu tamén para anunciar a próxima publicación do documento “Pasado, presente e futuro da publicación científica en galego”.

Máis información en:
http://consellodacultura.org/?p=3653#more-3653

Ningún comentario:

Publicar un comentario