mércores, 1 de xuño de 2011

Galicia, Cataluña e País Vasco valoran accións conxuntas para a proxección internacional das súas linguas e culturas

Reforzar a proxección internacional das linguas propias e das culturas de Galicia, País Vasco e Cataluña a través de actuacións conxuntas entre os gobernos das tres comunidades: este foi o obxecto principal da reunión que mantiveron o responsable de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a viceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco, Lourdes Auzmendi; a directora do Instituto vasco Etxepare (Etxepare Euskal Institutua), Aizpea Goenaga; e o máximo responsable da promoción exterior do catalán, Vicenç Villatoro, que dirixe o Institut Ramon Llull. Durante o encontro, os representantes dos tres gobernos puxeron en común as liñas de actuación que están a desenvolver para avanzar na promoción exterior das súas linguas e culturas, principalmente a través dos centros de estudos e lectorados de galego, éuscaro e catalán que existen actualmente en diversas universidades de todo o mundo.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1844

Ningún comentario:

Publicar un comentario