martes, 7 de xuño de 2011

Valentín Paz Andrade protagonizará o ano que vén o Día das Letras Galegas

A institución destaca a súa “contribución á modernización da prensa”,
a súa obra poética e o seu “compromiso” co país como ensaísta
O Día das Letras Galegas de 2012 será para o poeta, ensaísta, político, xurista
e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Decidírono
por maioría vinte e tres dos vinte e oito académicos chamados onte a votar
na rúa Tabernas da Coruña. Fixérono, segundo o secretario da Real Academia
Galega, o profesor Xosé Luís Axeitos, como recoñecemento “á súa tremenda
contribución á modernización do xornalismo en Galicia”, como fundador da
cabeceira Galicia –que dirixiu entre 1922 e 1926– e o impulsor da revista
Industrias Pesqueras, e o “gran compromiso” co país que demostrou como
ensaísta, con obras como Galicia como tarea (1959). Iso si, sen esquecer a súa
obra poética –con especial importancia, Pranto matricial (1954)– e o seu “achegamento
á cultura luso-brasileira”, que ilustra A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978).

Ningún comentario:

Publicar un comentario