luns, 16 de maio de 2011

Universo Pereiro

Durante os últimos meses o portal culturagalega.org dedicoulle unha atención especial á figura do homenaxeado co gallo das Letras Galegas este ano, Lois Pereiro. Agora compila toda esta información nun especial que nos achega á súa biografía e á súa relación coa música (influencia da música na súa obra, versións, poemas musicados...), e ofrécenos un dossier no que se recollen estudos e materiais audiovisuais relacionados co autor monfortino.
Así mesmo, na sección dedicada ao Día das Letras Galegas 2011 compílanse novas sobre as actividades que se desenvolven en toda Galicia para homenaxear a Lois Pereiro.
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén se conmemora a figura da persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas con materiais didácticos e cos carteis gañadores dos concursos convocados para primaria e secundaria.

Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18931
http://www.culturagalega.org/seccion.php?tipo=D%EDa%20das%20Letras%20Galegas%202011
http://www.xunta.es/linguagalega/lois_pereiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario