xoves, 5 de maio de 2011

A Universidade de Santiago de Compostela presentou un novo web sobre a frecuencia e distribución dos apelidos en Galicia

Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado municipio galego ou coñecer como se distribúe un patronímico en Galicia xa é posible grazas á ferramenta en liña denominada Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG), creada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG).
A CAG ofrece información da frecuencia e distribución dos apelidos de Galicia a partir dos datos do Censo de poboación do ano 2001, proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (Madrid) á Real Academia Galega. A páxina facilita información sobre o número de apelidos que se rexistra en cada concello e sobre a porcentaxe de apelidos do concello tendo en conta o número total de apelidos. Esta información numérica represéntase nun mapa temático dos concellos en que a frecuencia de aparición do apelido se marca cunha gradación de cores.

Máis información en:
http://ilg.usc.es/cag/

Ningún comentario:

Publicar un comentario