luns, 16 de maio de 2011

Os meus favoritos, guía para difundir o uso de galego en internet

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus SNL, difunden a guía Os meus favoritos, para contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo ca da música, do deporte, da creación artística... Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais. Os obxectivos deste proxecto son facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vincular a lingua galega con novos e modernos espazos de uso –concretamente na rede e nas novas tecnoloxías– e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua.
Pódese descargar a guía na seguinte ligazón:
http://www.ctnl.org/upload/not/828-d-osmeusfavoritos2011.pdf

Máis información en:
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=828&desc=os_meus_favoritos,_guia_para_difundir_o_uso_de_galego_en_internet

Ningún comentario:

Publicar un comentario