venres, 7 de agosto de 2015

O 24% dos galegos con dereito a axuda da Dependencia está desantendido

Os directores e xerentes en Servizos Sociais alertan que moitos dependentes con prestación recoñecida morren antes de cobrala. Máis de 12.000 están desatendidos e con 81 millóns non se produciría esta eiva.

"A lista de espera en Galicia chega ao 24% e constitúe un gravísimo problema para afrontar a atención ás 15.000 persoas con dereito (Grado I) a partir do 1 de xullo". Este é o duro ditame da Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais sobre a aplicación da Lei da Dependencia nesta autonomía.
A taxa de desantención dos máis dependentes, os de Grado I, chega ao 41%, case o doble da media estatal. Segundo o XV Dictamen desta Asociación nun recente estudo da evolución da aplicación da Lei entre 2011 e 2015, hai dúas causas de fondo que "explican este malos datos".
Os expertos critican a "penalización financeira que realiza a Administración Xeral do Estado a quen apostan por estes servizos" e a "escasa integración dos servizos locais e autonómicos".
Nos últimos exercicios as administracións galegas están a favorecer a axuda a domicilio, no lugar de pagarlle a algún familiar para que atenda na casa aos dependentes. No último exercicio, o número de dependentes cuidados por familiares descendeu case un 12%, situándose por debaixo das 11.000 persoas. Polo contrario, aumentaron en 1.800 as persoas que reciben axuda a domiciliol.
Na opinón dos directores e xerentes de servizos sociais primar a atención a domicilio sobre a as axudas aos familiares é unha estratexia errada porque "xera baixas de persoas con dereito, das que seguramente un bo número fallece sen atención".
O estudo cifra en 51.342 os galegos con dereito a prestación a finais de xuño. Nesa data, unicamente había 38.916 persoas atendidas. Isto quere decir que había 12.426 galegos agardando ser atendidos malia ter recoñecido este dereito. Hai unha reducción de case 5.000 desatendidos dende o ano pasado pero, con todo, a porcentaxe de desantendidos en Galicia (24,2%) é moi superior á media estatal, que anda polo 15%.
Para poder cubrir as necesidades do sistema, as Administracións deberían ter investido na Lei da Dependencia en Galicia 84,3 millóns de euros máis nos últimos tres anos. En Galicia invístese neste campo 88,6 euros por habitante, mentres que en España supérase os 104 euros.
Cómpre lembrar, ademais, que o Goberno do Estado impuxo un recorte das prestacións económicas que reciben as persoas con coidados familiares do 15%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario