O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela organiza un ciclo de conferencias para difundir o patrimonio musical de Galicia e, en consecuencia, o seu principal vehículo de creación e transmisión: a lingua galega. A música na memoria é o título desta iniciativa, que conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Para dar a coñecer o patrimonio musical galego, o ciclo, que se desenvolverá na sede do conservatorio compostelán, conta con tres profesionais de gran relevancia no estudo da tradición musical de Galicia: Dorothé Schubart, Javier Jurado e Miguel López Fariña. As conferencias son ás 18:00 h, o xoves 15 e luns 19 de decembro de 2011 e mais o luns 13 de febreiro de 2012.
Máis información en:
http://www.edu.xunta.es/web/node/3620
http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalsantiago/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=316:a-musica-na-memoria&catid=138:enl-artigos
Ningún comentario:
Publicar un comentario