xoves, 7 de outubro de 2010

Eu camiño pola lingua

A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, a Concellaría de Voluntariado e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, promove a realización do camiño de Santiago pola lingua, que se realizará os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Trátase de facer o Camiño de Santiago pola Vía da Prata por etapas, durante catro domingos de outubro, co fin de reivindicar o galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar…
As persoas interesadas en facer o camiño pola lingua poden anotarse para facer unha ou varias etapas nos números de teléfono 988 218 123 ou 639 519 242, ou no enderezo electrónico amencer@amencer.org

Máis información en:
http://www.amencer.org/index.php?option=com_content&view=article&id=272:cspolalingua&catid=12:informacion-xuvenil
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=707&desc=camino_pola_lingua

Ningún comentario:

Publicar un comentario