xoves, 23 de setembro de 2010

Segundo o STEG, a pesar de que o 40% dos pais e nais das cidades galegas indicaron que os seus fillos son galegofalantes, só o 12% recibirán o primeiro ensino na nosa lingua

A principios de curso, o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) realizou unha consulta ao centros de educación infantil e primaria co obxectivo de saber os resultados da pregunta sobre a lingua materna das fillas e fillos en infantil. “Preguntamos nos centros das sete grandes cidades de Galiza xa que estas contornas son as que sofren a maior perda de falantes na nosa lingua”, puntualizan nunha nota.

Os resultados, aínda sen contrastar pola Consellería de Educación, amosan que os nenos galegofalantes das cidades teñen menos posibilidades de ser escolarizados na súa lingua materna ca os castelanfalantes.

Máis información en:

http://www.stegsindicato.org/stegopina/10_11/enquisa_lingua_materna_infantil.htm

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/aproveitan-prexuizos/idEdicion-2010-09-16/idNoticia-590558/

http://www.xornal.com/artigo/2010/09/16/politica/so-centros-infantil-das-cidades-educa-cativos-galego/2010091600211400959.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario