O IES Laxeiro recibe hoxe a visita do escritor Manuel Rivas
Manuel Rivas será o invitado de honra hoxe
no IES Laxeiro, de Lalín. A comunidade educativa ultimaba onte os
detalles para agasallar e sorprender ao escritor galego, que será
recibido ás 11:00 horas coa música dun grupo de cámara. A continuación
manterá un encontro con alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato e
despois fará o propio cos de primeiro e segundo de ESO. Entre medias,
Rivas descubrirá unha placa co seu nome no salón de actos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario