Na última Enquisa de Poboación Activa do
ano 2015, destaca o descenso da taxa de actividade en Galicia,
continuando a evolución negativa que experimenta desde 2012. A taxa de
actividade mide o número de persoas integradas no mercado de traballo
(ocupadas ou demandantes) respecto ao total en idade de traballar. O
descenso permanente desta taxa non é, por tanto, algo explicable pola
crise demográfica do país (que a fai maior), senón unha problemática
máis fonda que ten que ver coas miguadas perspectivas de desenvonver un
proxecto vital en Galicia a día de hoxe. O número de persoas activas
total, en efecto, tamén experimenta un retroceso tanto en ámbito galego
como estatal.
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
luns, 15 de febreiro de 2016
O mercado laboral galego continúa a se enfraquecer e precarizar
O comezo do ano tróuxonos a publicación dunha serie de estatísticas
laborais que, en termos xerais, veñen confirmarnos as grandes tendencias
que caracterizan a chamada “recuperación” económica. Continúa a caída
da poboación activa nun mercado laboral cada vez máis inestable e
desigual.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario