O IES Laxeiro concursa con dous equipos no Parlamento Xove
O Laxeiro é o único instituto da comarca
dezana que participará na edición deste ano do Parlamento Xove. O IES
lalinense competirá con dous equipos, ambos na categoría de Bacharelato.
Os rapaces enfróntanse o 4 e 5 de marzo á fase clasificatoria, á que
acoden unha trintena de equipos e na que pasarán a criba oito grupos. A
proba terá lugar no Centro Residencial Docente da Coruña, en Culleredo, e
versará sobre se o papel do profesor determina o futuro dos mozos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario