O IES Laxeiro oferta aulas de bacharelato para adultos
O IES Pintor Laxeiro de Lalín pechará o día
14 a matrícula das súas aulas para adultos. No centro impartiranse
módulos equivalentes a 3º de ESO, que constan de catro ámbitos: social,
comunicación, científico-tecnolóxico e a optativa curricular do centro.
No caso do bacharelato de adultos as modalidades son ciencias sociais e
humanidades e ciencias. Para matricularse hai que ser maior de idade ou
de 16 anos con contrato de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario