Os alumnos dos cursos de verán de lingua e cultura galegas que
anualmente organiza a Real Academia Galega para non galegos visitaron
onte o CCG. O nutrido grupo de estudantes estranxeiros e do Estado
español que participan neste curso para coñecer mellor Galicia, a súa
lingua e cultura, foi recibido pola vicepresidenta da institución,
Rosario Álvarez Blanco, e posteriormente asistiron a unha conferencia de
Manuel Gago sobre Internet e a cultura e sociedade galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario