As organizacións estudantís nacionalistas Comités, Agir e a Liga
Estudantil Galega lanzamos unha convocatoria de folga para estudantes de
ensino medio e universitario para o vindeiro día 24 de marzo.
Despois do éxito da pasada folga do 26 de febreiro, desde as nosas
organizacións adherímonos á convocatoria dos sindicatos de profesorado
universitario, para facernos oír, máis unha vez, nas rúas da Galiza,
mostrando o noso rexeitamento aos novos cambios que pretende aplicar o
PP no sistema universitario.
NON AO 3+2! NON Á EU2015!
O 24 de marzo saímos á rúa contra os recortes no ensino, contra as reformas universitarias que o PP aproba sen consenso algún!
Ningún comentario:
Publicar un comentario