Esta comunidade, na que segundo se pode ver na súa páxina web participan
actualmente 14 voluntarios, é quen de manter a adaptación de Ubuntu á
nosa lingua local nun altísimo nivel. Así sitúan ao galego entre os
únicos 10 idiomas do mundo que acadan o 100%, por riba de linguas coma o
chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués cunhas comunidades
de usuarios e colaboradores moito máis numerosas, polo que só cabe
dicir que o equipo galego suple cantidade con calidade e esforzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario