O departamento de Lingua Castelá do IES Aller Ulloa publicou o sexto
número da revista semestral KaReal, tanto impresa como en Internet. Este
número está dedicado á desaparecida profesora Avelina Lamas, como parte
das actividades de homenaxe que se desenvolverán este curso. Tamén
figuran cómics, partituras musicais, unha entrevista a Victoria García
?profesora nun institudo de Eslovaquia? e traballos do III Concurso
Nacional KaReal. Invitan a mozos creadores de calquera idade a
participar na revista, con próximo número en xuño do 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario