Agolada entrega hoxe as axudas a material escolar
O Concello de Agolada entregará hoxe as
axudas a material escolar a unha decena de nenos. Por primeira vez o
Concello entregará vales en lugar dunha contía económica. Os usuarios
poderán trocar os cheques por material escolar ao longo do curso nas
librerías de Agolada e nunha de Vila de Cruces (debido á maior
proximidade dun usuario ao municipio limítrofe). Válelos oscilan entre
os 30 e os 100 euros e suman un orzamento de 630 euros. O departamento
de Servizos Sociais encargouse de avaliar as necesidades dos
beneficiarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario