Membros da Federación de Anpas de la Provincia de Pontevedra (Fanpa),
reactivada recentemente, entre eles, o presidente, Rogelio Carballo, e a
integrante lalinense da directiva, Elena Buceta, reuníronse onte cunha
decena de Anpas da zona para o primeiro contacto. O obxectivo era que
todos coñecesen en máis detalle o funcionamento da Federación. Algunhas
Anpa non federadas valorarán a posibilidade de sumarse. Dende os
colectivos incidiron na importancia do intercambio de información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario