Todo a punto para celebrar o Samaín no colexio de Agolada
Falta menos dunha semana para a noite máis
mística do ano, pero os alumnos do colexio de Agolada xa teñen todo
preparado para celebrar a festividade celta do Samaín. A entrada da
biblioteca está decorada con morcegos e acolle unha completa exposición
de libros de medo. Profesores e alumnos, ademais, afanáronse en preparar
os traballos das familias sobre a decoración de mazarocas de millo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario