O Firefox 6, nova versión do navegador de Mozilla, tamén está dispoñible en galego. A nova versión do programa incorpora funcionalidades como destacar o nome do dominio das páxinas web que visitamos, dificultar a suplantación de páxinas web e corrixir fallos detectados, mellorar distintas prestacións e incorporar novas versións dos estándares soportados.
A nova versión do corrector lingüístico Galgo, da empresa Imaxín Software, estará dispoñible proximamente. Esta nova versión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez, no contorno de Apple, tamén no Word para Mac.
A nova versión 3.4.2 do LibreOffice, dispoñible en galego, é unha ferramenta moi recomendada para as empresas e para as administracións públicas.
Máis información en:
http://codigocero.com/Sae-oficialmente-o-Firefox-6-tamen
http://codigocero.com/O-Word-para-Mac-OS-X-tera
http://www.codigocero.com/Disponibel-en-galego-a-version-3-4
Ningún comentario:
Publicar un comentario