mércores, 15 de decembro de 2010

Premio Apalpador 2010

A Irmandade dos Apañacastañas convoca o primeiro Premio Apalpador para actividades lúdicas e educativas que teñan como centro a figura do Apalpador. O premio está dirixido aos responsábeis educativos, animadores culturais, alumnos e calquera outra persoa física ou xurídica que teña como misión a organización de actividades para as nenas e os nenos.
O premio divídese en dous, un para actividades escolares e outro para extraescolares. Para participar haberá que inscribirse previamente neste mesmo sitio web Premio Apalpador 2010/Inscrición/ cunha achega de 10 € antes do 1 de xaneiro do 2011. Se merca calquera dos produtos á venda na tenda do Apalpador a inscrición será de balde. Os orixinais presentaranse tamén a través deste mesmo sitio web até o 16 de xaneiro.

Máis información en:
http://www.apalpador.com/premio

Ningún comentario:

Publicar un comentario