luns, 10 de maio de 2010

XORNADA SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DA EDUCACIÓN EN GALICIA


A Educación deféndese dende as AULAS, dende os DESPACHOS e dende as nosas CASAS.
29 de maio de 2010 Sala Exposicións (Teatro Principal) – A Estrada.
Nun mundo tan cambiante e diverso como o presente e en sociedades tan complexas como as actuais, a función da escola é, necesariamente, moi complexa e para levala a cabo son precisas, non só habilidades e boa disposición, senón unha formación diferente e máis completa.
Entregámoslle á escola todas as tarefas, incluídas aquelas que antes levaban a cabo as familias, relacionadas coa socialización, a boa educación e o civismo:
encomendámoslle todo pero non nos fiamos dela. Colaboramos pouco como pais pero criticámola moito como usuarios do servizo, lle esiximos moito como gobernantes ou Administración pero non a dotamos de recursos necesarios para que leve a cabo a súa misión.
O primeiro que habería que preguntarse para valorar na súa xusta medida a tarefa do profesorado e a necesidade de que estea ben formado é:
Quen fai posible a escola? Quen constitúe a comunidade educativa? A resposta a ambas as dúas preguntas é a mesma: profesores e outros traballadores docentro, alumnos e as súas familias.
As administracións, sexan educativas ou outras, non fan senón dotar do marco físico (edificio e instalacións) ou do marco normativo (sistema educativo e currículos) os que hai que axustar ou que hai que desenvolver. Pero o único imprescindible para que haxa ensino (ou educación; á fin e ao cabo, son case sinónimos) é que haxa alguén disposto a ensinar e alguén disposto a aprender, o cal non sempre se produce.
FESANPAS e mais o Concello de A Estrada queren ofrecer á Comunidade Educativa deste municipio e arredores a posibilidade de coñecer e debater o que consideramos necesario para mellorar o noso sistema
educativo actual, por iso organizamos unha xornada na que participarán representantes políticos, docentes e
pais o vindeiro 29 de maio de 2010.

ENLACE: http://www.nontedurmas.org/federacion/article/xornada-sobre-a-situacion-actual?var_mode=calcul

PROGRAMA XORNADA:
29 de maio de 2010
Sala de Exposicións (Teatro Principal) – A Estrada
9.30 h Entrega de documentación
10.15 h Presentación:
D.ª Cristina González Diéguez - Presidenta Fesanpas
D. Manuel Sanmartín Obelleiro - Concelleiro de Educación da Estrada
10.30 h. D. Cesar Augusto Pérez Ares - Xefe do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria
D. Román Rodríguez González - Portavoz de Educación do PP no Parlamento de Galicia
11.15 h Pausa-café
11.45 h D. Guillermo Meijón Couselo - Portavoz de Educación do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia
12.30 h D.ª Carme Adán Villamarín - Portavoz de Educación del BNG no Parlamento de Galicia
13.15 h D.ª Mª José Rodríguez Teso - Presidenta Federación Apas de Pontevedra (FANPA)
14.00 h Xantar
15.30 h Mesa redonda con representantes dos sindicatos:
ANPE - CIG Ensino - FETE-UXT - CCOO
Modera: D. José M. Blanco Sanmartín - Secretario de Fesanpas
17.00 h Clausura

Ningún comentario:

Publicar un comentario