martes, 29 de novembro de 2011

É bo que os/as nenos/as aprendan galego

25 nov
Federación Descargar este artigo en formato PDF formato PDF

Porque o galego, fillo do latín e irmán do castelán, do francés, do italiano, do
catalán e de tantas outras linguas é unha parte fundamental de todas as persoas que nacemos ou vivimos nesta terra chamada Galicia.
PDF - 164.1 KB

Triunfa nas redes sociais un vídeo musical en defensa do galego realizado polo alumnado do centro escolar de Cea


Un lipdub feito no CPI Virxe da Saleta de Cea (http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta) a finais do pasado curso en defensa do galego está triunfando nas redes sociais. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro naceu a letra de A lingua sabe a pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln, que gravaron, mesturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Máis información en:

http://centros.edu.xunta.es/cpivirxedasaleta/index.php?start=11 (vídeo na nova titulada “Lipdubeando”)

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/11/20/0003_201111O20C12994.htm

http://www.youtube.com/watch?v=15iM-MVNG7Q

http://www.youtube.com/watch?v=M_Vb2IxBnOU (vídeo en versión karaoke)

Sae á venda un novo lector de libros electrónicos con Wi-Fi e menús en lingua galega


El Corte Inglés lanzou o día 25 de novembro un novo lector de libros electrónicos que mide 166,66 x 114 x 10 milímetros, pesa 190 gramos e destaca por contar con menús en español, inglés, francés, alemán, italiano, neerlandés, catalán, éuscaro e galego.
Máis información en:
http://codigocero.com/El-Corte-Ingles-estrea-un-eReader

Os centros de estudos galegos difunden a literatura e o cinema de Galicia desde as universidades vascas e catalás


Os lectorados e centros de estudos galegos cos que conta a Secretaría Xeral de Política Lingüística en universidades de todo o mundo realizan numerosas actividades durante o curso académico para dar a coñecer fóra de Galicia a lingua, a literatura e a cultura galegas. Con este obxectivo, o cine galego chegou ao País Vasco estes días a través da I Mostra Cinematográfica Galega, unha iniciativa promovida polos centros de estudos galegos das universidades do País Vasco e de Deusto, en colaboración co Centro Galego de Vitoria, a Casa de Galicia de Guipuskoa, a Fundación Caja Vital e Kutxa Social.
A literatura tamén estivo presente nas actividades que promoveron os centros de estudos desde universidades de fóra de Galicia para difundir a lingua e a cultura galegas. A Universidade de Barcelona (UB) acolleu o seminario Rosalía de Castro. Unha musa fecunda, na que a obra narrativa e a conciencia de escrita da autora se someteron a novas lecturas desde o xénero. A xornada, coorganizada polo departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos da UB, polo Centre Dona i Literatura e polo departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago, pechouse cunha conferencia da especialista nos estudos rosalianos Catherine Davies: “Rosalía de Castro no contexto do XIX en España e Hispanoamérica”.
Máis información en:

Anxo Lorenzo pon en valor o traballo que desenvolven os servizos lingüísticos locais para fomentar o uso do galego

 “Os servizos lingüísticos locais levan a cabo un labor fundamental no fomento do uso e do prestixio do galego, tanto no ámbito interno dos concellos como no seu contorno social”. Así o afirmou o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que destacou a intención do seu departamento de “continuar apoiando o seu mantemento e as actividades que realizan”. Fíxoo no acto de adhesión formal do Concello do Carballiño na Rede de Dinamización Lingüística.
Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2054

Unha nova aplicación para Android permite conxugar verbos en lingua galega


Xa está dispoñible unha nova aplicación para coñecer mellor os verbos galegos e as súas variantes: ConxuGalego. Trátase dunha ferramenta que nos permite, co emprego dun dispositivo con Android, introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular, e obter a súa conxugación en todas as súas diferentes formas.
Máis información en:
http://codigocero.com/ConxuGalego-aplicacion-para

Os funcionarios e as funcionarias do Estado que traballan en Galicia reforzan a súa competencia lingüística en galego


A mellora da competencia en galego do persoal da Administración xeral do Estado que presta os seus servizos en Galicia é un obxectivo que comparten a Xunta e o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP). Para avanzar na consecución deste fin, ambas as entidades asinaron para este ano 2011 un convenio de colaboración que prevé a realización de 8 accións formativas dirixidas ao funcionariado do Estado que traballa no ámbito territorial da comunidade galega e que implica a impartición mínima de 600 horas lectivas de galego.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2049

Ponse en marcha na rede un novo proxecto de radio en lingua galega


Un novo proxecto de radio en lingua galega vén de aparecer na rede: anfiteatrogzradio. A súa intención é a de encher as 24 horas do día con programación de diversos contidos, coa finalidade de crear unha emisora en galego que fomente os grupos musicais galegos, a literatura galega... e todo canto teña cabida no mundo da cultura.

            Máis información en:

http://servizonlredondela.blogaliza.org/?p=813

http://anfiteatrogzradio.blogspot.com/2011/11/blog-post.html?spref=fb

A mostra Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago chega a Alemaña


A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago é o tema principal da exposición Diversidade cultural e lingüística no Camiño de Santiago, que se inaugurou o 22 de novembro en Kiel (Alemaña). A Secretaría Xeral de Política Lingüística coordina este proxecto, que conta co apoio do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea e no que tamén participan institucións gobernamentais, universitarias e académicas da Occitania, Bretaña, Navarra, Aragón e Alemaña. A mostra xa estivo anteriormente en diversos puntos de Navarra e mais en Santiago de Compostela.
Máis información en:

Estudantes da provincia de Ourense achéganse á obra de Lois Pereiro e Neira Vilas a través de dúas exposicións


Alumnos e alumnas da provincia de Ourense teñen estes días a oportunidade de se achegaren á obra e á vida de dous destacados escritores da literatura galega: Lois Pereiro, poeta homenaxeado en 2011 no Día das Letras Galegas, e Xosé Neira Vilas, autor da obra literaria máis lida en galego, Memorias dun neno labrego.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2055

A Xunta porá á disposición dos cidadáns todos os modelos do Rexistro Civil en galego antes de 15 días


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, afirmou que a Xunta porá á disposición dos cidadáns todos os modelos que se utilizan no Rexistro Civil en galego nun prazo inferior a 15 días.
Máis información en:
http://www.europapress.es/galego/noticia-xunta-pora-disposicion-dos-cidadans-todos-os-modelos-do-rexistro-civil-galego-antes-15-dias-20111111172355.html

mércores, 23 de novembro de 2011

Concentración o 26/11/2011 ás 13:30 pola CALIDADE DO ENSINO PÚBLICO

Estimadas familias,
A educación pública é de todos/as e para todos/as, e é a única que pode garantir a igualdade de oportunidades das nosas fillas e fillos na sociedade.
A FANPA e máis as ANPA acordamos facer o día 26 de novembro ás 13.30 h na praza da Peregrina unha concentración apoiando o ensino público en contra dos recortes actuais. A concentración durará aproximadamente 30 minutos, e rematará coa lectura do manifesto envíado aos medios de comunicación.
É importante a presenza de todas as familias. Sen dúbida a unión fai a forza. Non todos os colexios presentan os mesmos problemas pero en xeral hai motivos máis que suficientes para ver que o ensino público tal e como viña sendo sufriu unha merma. Non podemos quedar de brazos cruzados. Adiantémonos para evitar novos recortes.
Invitade á vosa familia a participar coas ANPA nesta primeira concentración xeral de pais e nais. Todos somos responsables do que acontece ou pode acontecer. A educación dos nosos fillos e fillas é responsabilidade dos pais/nais, non só dos mestres/as. Nós defendemos unha educación en valores, integradora, onde todos e todas temos os mesmos dereitos sen ter en conta a clase social, nin os recursos.

TODOS XUNTOS POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA IGUALITARIA E DE CALIDADE!!!
Word - 25.5 KBPDF - 76.6 KB


xoves, 17 de novembro de 2011

Política Lingüística convoca un concurso de carteis para celebrar desde os centros educativos o Día das Letras Galegas 2012


A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.
Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2031

O galego participa nunha iniciativa europea para promover entre a mocidade o uso das linguas propias minoritarias


A Xunta de Galicia participa en Donegal (Irlanda) nunha iniciativa que busca promover entre a mocidade o uso dos idiomas propios en diferentes comunidades europeas con linguas socialmente minoritarias. Con este fin, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentará os principais programas que está a promover para ampliar a presenza do galego nas franxas de idade máis novas.
Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2035

Concurso de presentacións electrónicas de Nadal


A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal, dirixido ao conxunto da cidadanía. Os traballo deben ser enviados a calquera dos seguintes enderezos electrónicos: secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou a sxpl.secretaria@xunta.es. O prazo de admisión das propostas remata o día 9 de decembro de 2011.
O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o aninovo, o día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/bases_concurso_presentelect_2011.pdf

A celebración do Día da Ciencia en Galego contribúe a poñer en valor o uso do idioma no ámbito científico e na investigación

O 4 de novembro conmemorouse o Día da Ciencia en Galego, unha celebración promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que busca poñer en valor o uso do idioma no ámbito científico e contribuír a promover a investigación desenvolvida na lingua propia de Galicia. A edición deste ano estivo dedicada á muller na ciencia e, ademais de os centros educativos de primaria e secundaria, mobilizou as universidades galegas, que tamén organizaron concursos, cafés científicos, etc.
Alén das actividades propias de cada centro educativo, a CGENDL organizou dúas videoconferencias en galego tituladas “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial” (para secundaria) e “Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?” (para primaria), nas que participaron 162 centros e 10350 alumnas e alumnos.
Máis información en:

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=cienciaengalego/2011/videoconferencias.php

http://ocartafol.usc.es/cartafol/contidos/novas/news_0011.html

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_ciencia_en_galego (compilación de recursos sobre ciencia e lingua galega)

Minicontos de Luns a Venres Outono para fomentar a lingua galega

Logo da ampla participación acadada en 2010, o certame Minicontos De Luns a Venres Outono celebra a súa segunda edición co fin de continuar fomentando a lingua e a literatura galegas a través dos medios de comunicación. Con este mesmo obxectivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co certame, que promoven o Centro PEN de Galicia e mais o xornal LV. De Luns a Venres.
Este concurso de relatos breves pretende impulsar a presenza da literatura galega nos medios de comunicación, ao tempo que busca achegarlles aos lectores as obras de autoras e autores noveis e consagrados que escriben en galego. Trátase, polo tanto, dunha iniciativa que nace para ampliar os horizontes da lingua e da cultura galegas a través do xornal gratuíto en galego, LV. De Luns a Venres.
As persoas interesadas poden participar no concurso ata o 15 de decembro, día en que remata o prazo de admisión dos relatos. Os traballos, que deberán ser inéditos e estar escritos en galego, non poderán exceder os 1.200 caracteres. O concurso premiará os tres mellores minicontos con tres galardóns: o primeiro dotado con 600 euros, o segundo con 300 euros e o terceiro con 100 euros. Os participantes deberán enviar os seus orixinais ao enderezo electrónico minicontosoutono@l-v.es, ou por correo postal a: LV. Rúa de Fernando de Casas Novoa 35A, 1.º B. 15707. Santiago de Compostela.
Máis información en:

http://www.galiciae.com/nova/128027.html

Un novo web permite consultar a conxugación dos verbos en galego

O CilenisConxugador, unha nova ferramenta lingüística en liña, permite conxugar de maneira fiable calquera verbo da lingua galega, incluso neoxolismos como twittear ou calquera outro, aínda que non veñan nos dicionarios. Este conxugador está baseado no sistema de código aberto conshuga, desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela polo grupo de grupo de investigación ProLNat@GE (Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural), do que procede o equipo de traballo de Cilenis. O resultado é unha ferramenta con importantes aplicacións no ámbito da educación, a comunicación e a empresa.
Conxuntamente coa versión galega, Cilenis desenvolveu un conxugador verbal en portugués, dispoñíbel desde xa para os máis de 240 millóns de falantes desta lingua no mundo. A empresa galega sitúase así en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas en liña no ámbito lusófono cun material que mellora os existentes ata o de agora.
Pódese consultar o conxugador na seguinte ligazón:
Máis información en:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19837

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=892&desc=novo_conxugador_verbal_en_lina:_cilenisconxugador

martes, 1 de novembro de 2011

O grupo europeo Meta-Net alerta do baixo nivel de desenvolvemento tecnolóxico do galego


Meta-Net, grupo de traballo de excelencia fundado pola Comisión Europea e que estuda o nivel de desenvolvemento tecnolóxico das diferentes linguas de Europa, acaba de presentar o informe As linguas na sociedade europea da información. Galego. O estudo, que forma parte da serie Meta-Net de libros brancos, salienta o importante papel que os recursos tecnolóxicos teñen no uso social das linguas e alerta sobre o baixo nivel de desenvolvemento das tecnoloxías lingüísticas no que respecta ao galego, en comparanza con outras linguas europeas. Os autores conclúen que, malia que os datos permiten un “optimismo prudente”, cómpre investir máis recursos na creación de recursos tecnolóxicos para o galego e no desenvolvemento de novas infraestruturas de cooperación.

            Máis información en:

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/

http://www.meta-net.eu/whitepapers/download/meta-net-languagewhitepaper-galician.pdf (texto do informe)

A VII Xornada de Normalización Lingüística de Ferega ofreceulles aos docentes recursos para promover o galego desde a escola


O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na inauguración da VII Xornada de Normalización Lingüística organizada polas Escolas Católicas de Galicia (Ferega-Ceca). Durante o acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, o secretario xeral subliñou “o importante traballo que leva realizando durante anos Ferega-Ceca a prol da dinamización lingüística desde os centros de ensino”.
Máis información en:

http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/2003

Galicia e Castela e León impulsan o programa de ensino en galego nos centros educativos do Bierzo e de Sanabria

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asistiu en Valladolid á reunión da comisión mixta de seguimento do Programa de Ensino en Galego no Bierzo e en Sanabria, na que se valorou a implantación desta iniciativa nos centros educativos destas dúas comarcas de Castela e León, situadas nos territorios limítrofes con Galicia.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1999

Unhas 70 empresas únense a unha rede de comercios e servizos en lingua galega


Unhas setenta empresas de varias localidades de Galicia sumáronse á iniciativa Abertos ao galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, que pretende conformar unha rede de comercios e servizos que apostan “polo galego” e “un consumo responsable” na lingua propia da comunidade autónoma.
Máis información en:

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/unhas-70-empresas-unense-unha-rede-comercios-servizos-lingua-galega/idEdicion-2011-10-26/idNoticia-709571/

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8777.html

Os apoios ao escrito contra a marxinación do galego nos medios xa superan os 3000 nunha soa semana


O pasado 10 de outubro presentouse un escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación que recibiu xa, a tan só unha semana da presentación do sitio http://marxinaciondogalegonosmedios.es, o apoio de máis de 3000 persoas e colectivos de variados ámbitos, profesións e opcións ideolóxicas.
Máis información en:

Anxo Lorenzo presentou no Parlamento as actuacións de Política Lingüística para promover o uso do galego entre os máis novos


O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou o 19 de outubro en sede parlamentaria as iniciativas que está a levar a cabo o seu departamento a prol da dinamización do galego nas faixas de idade máis novas. Con este obxectivo, explicoulles aos grupos parlamentarios o traballo realizado nos últimos meses para promover o idioma “no sector da poboación onde se fai máis necesaria unha actuación efectiva en dinamización lingüística”, dixo.
Máis información en:

Un novo portal recolle información sobre alcumes, xentilicios, refráns ou cantigas referentes a localidades galegas


O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Camilo José Cela presentan o Portal de ditados tópicos galegos, proxecto que xorde inicialmente con fichas recollidas para o Diccionario Geográfico Popular de España iniciado polo escritor Camilo José Cela e no que recompila información sobre alcumes, xentilicios, refráns ou cantigas referentes a localidades galegas.
Máis información en:
http://ilg.usc.es/ditados/ (Portal de ditados tópicos galegos)

Publícanse as listaxes cos resultados definitivos das probas Celga de 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo públicas as listaxes cos resultados definitivos das probas Celga de 2011, para a certificación do coñecemento de lingua galega. Na convocatoria realizada o pasado mes de xuño en Galicia, no resto de España e en Europa –e na que participaron 3202 persoas– o número de aprobados nos exames do Celga 2 foi de 440, mentres que 603 obtiveron a certificación oficial de coñecemento de galego no nivel 4. As listaxes cos resultados definitivos das probas do Celga 3 mostran que superou as probas un total de 482 persoas.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga

III Xornadas Educación e linguas en Galicia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as III Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego". Desenvolveranse os días 25 e 26 de novembro de 2011 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), cos seguintes obxectivos:
  • Recoñecer a existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega e no ensino, e nos futuros ensinantes en particular.
  • Axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos aos futuros docentes.
  • Aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das linguas.
  • Coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuízos lingüísticos tanto de Galicia coma doutras comunidades.
O prazo de matrícula é do 20 de outubro ao 20 de novembro a través do seguinte enderezo web: https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp. A inscrición é de balde.
Máis información en:
http://www.usc.es/snl/dinamiza/educacionelinguas.htm

Criterios de linguaxe non sexista, nova publicación do SNL da Universidade de Santiago de Compostela


O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela presentaron a guía Criterios de linguaxe non sexista. O manual, autoría de Manuel Bermúdez e Alba Cid, ten como obxectivo resolver problemas de ambigüidade na comunicación e fomentar a creación de textos comprometidos co non sexismo e asentados na cultura da igualdade.
Máis información en:

 

Constituíuse a Rede de Dinamización Lingüística

O 28 de outubro constituíuse a Rede de Dinamización Lingüística (http://www.xunta.es/linguagalega/rede_de_dinamizacion_linguistica), no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. A Rede está formada na actualidade por 93 entidades, das cales 88 son concellos das catro provincias galegas. O obxectivo fundamental deste novo organismo é favorecer a colaboración conxunta e coordinada das entidades locais integradas nela xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, para impulsar intercambio de experiencias, evitar duplicidades e buscar a visualización das actuacións realizadas neste ámbito polos seus membros.
Por outra parte, a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL) desmarcouse do proxecto, ao sinalar que non se tivo en conta o colectivo de técnicos á hora de organizalo e que non se respectaron as decisións tomadas en conxunto nas xuntanzas preparatorias. Ademais, sinalou que en moitos concellos non se conta cos traballadores no campo da lingua para os representar na nova entidade e denunciou así mesmo a redución de fondos que están a sufrir os equipos de dinamización e normalización locais.
Máis información en:

http://www.edu.xunta.es/web/node/3410

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/news/2011/10/28/28_10_11_dossier_rdl.pdf

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=882&desc=a_ctnl_non_avala_a_rede_de_dinamizacion_linguistica_e_non_acudira_ao_acto_de_constitucion